CURSO DE IMPRESIÓN 3D

O Curso de Impresión 3D ten varios obxectivos. Primeiro, dar a coñecer a tecnoloxía 3D, tema imprescindible da Cuarta Revolución Industrial da que actualmente somos testemuña e da que moitos, aínda non forman parte activa. Segundo, desmitificar o mundo 3D: os novos avances non teñen por qué ser caros nin de carácter exclusivo. A impresión 3D ten innumerables aplicacións e usos moi útiles para as empresas, que permiten optimizar os procesos de traballo e aforrar custos. Terceiro, espertar o interese entre os futuros profesionais e as novas xeracións.

Neste curso, o alumnado aprenderá todo o necesario para manexar de forma autónoma unha Impresora 3D de tecnoloxía FDM, imprimir as súas propias pezas e solucionar posibles erros.

Contidos

TEORÍA:

  • Principais características da Industria 4.0.
  • Que é a impresión 3D?
  • Deseño e impresión 3D
  • Tipos de tecnoloxía 3D
  • Modelado por Deposición Fundida (FDM)
  • Definición e aplicacións
  • Tipos de impresoras (utilizaremos as diferentes máquinas coas que traballamos en Rysia)
  • Materiais (tipos de filamentos)
  • Coñecemento dos principais “softwares” de impresión

PRÁCTICA:

  • Calibración e posta a punto das impresoras
  • Impresión de pezas en diferentes materiais, empregando os distintos “softwares”
  • Proba – erro. Coñecer os erros que poidan ocorrer e aprender a solucionalos (esta parte do curso desenvolverase durante todo o proceso de impresión, paso a paso)

Metodoloxía

O obxectivo xeral do curso é proporcionar ó alumnado coñecementos teórico/prácticos sobre a Impresión 3D e o funcionamento das diferentes máquinas de tecnoloxía FDM, e abrirlles unha nova porta ó coñecemento sobre a Industria 4.0. en miras dun futuro esixente para os novos profesionais.

Perfil do alumnado

O curso está dirixido a empresarios, emprendedores, autónomos, profesionais ou calquera persoa que desexe obter coñecementos no eido da Impresión 3D.

Profesorado

Rafa Rosa, xefe do departamento técnico de Rysia.

Lucía Míguez, enxeñeira industrial e coordinadora en Rysia.

Lucas Estévez, técnico de Impresión Gráfica en Rysia.

Matrícula

Xeral : 150 euros

Alumnado de Aula D ou menores de 18 anos : 100 euros

Exalumnado de Aula D ou persoas desempregadas : 120 euros

A matriculación queda formalizada efectuando o pago do importe das taxas, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, Vigo) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857) indicando nome do alumno/a e curso.

Máis información en : cursos@aulad.com

INFORMACIÓN SOBRE OS NOSOS CURSOS

Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición enviándonos unha mensaxe.