CURSO DE ILUSTRACIÓN DIXITAL

Como en moitos outros ámbitos, a tecnoloxía dixital supón un proceso de reconceptualización nos procesos produtivos. Independentemente de que se usen ténicas de ilustración máis tradicionais -analóxicas-, o ilustrador de hoxe en día debe coñecer e dominar os medios dixitais para conseguir que o seu traballo se reproduza axeitadamente.

Esta faceta dixital facilita ao ilustrador un novo conxunto de ferramentas que permítenlle ampliar os seus recursos expresivos e polo tanto, potenciar e expandir tamén as súas capacidades comunicativas e de discurso.

Partindo dun coñecemento básico da teoría da cor e o manexo de Photoshop, o obxectivo do curso é amosar ao alumnado as diversas técnicas profesionais de coloreado dixital a partires de exemplos de cómic e ilustración, asemade os procesos técnicos destinados a unha correcta dixitalización de orixinais.

O software Photoshop non so é o estándar en retoque fotográfico, senón unha potente ferramenta cada vez máis usada por ilustradores, tanto para retocar ilustracións dende técnicas tradicionais como para a creación directa de imaxes; tratarase a utilización desta ferramenta en conxunto con outros programas de creación dixital así como o seu uso mixto en combinación coas técnicas tradicionais de coloreado.

Así, este curso introdutorio ás técnicas dixitais de ilustración pretende incidir nos diferentes modos nos que podemos empregar a tecnoloxía dixital para desenvolver un proxecto de ilustración.

Contidos

  • Reconceptualización de photoshop para o profesional da ilustración.
  • Preparación dos orixinais. Pasos previos á dixitalización
  • Características da imaxe dixital.
  • Escaneado e optimización dos arquivos
  • A cor no entorno dixital
  • Coloreado de Line-art
  • Collage dixital
  • Edición non destrutiva por capas
  • Máscaras e capas aniñadas
  • Automatizacións
  • Saida das ilustracións para impresión e pantalla. Formatos de gardado.

Práctica: desenvolvemento dunha ilustración

Metodoloxía

O obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumnado os coñecementos teórico-prácticos para a resolución dun proxecto profesional de ilustración dixital, integrando os procesos dixitais coa súa propia metodoloxía.

A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento dos temas partindo da análise teórica e adquisición de criterios para resolver casos prácticos.

Perfil do alumnado

O curso vai dirixido tanto a persoas que desexen introducirse no eido da ilustración e o cómic como para quen, contando con algunha experiencia baseada en técnicas tradicionais, estean interesadas en explorar as posibilidades do medio dixital. Para aproveitar eficientemente esta formación cómpre ter algunha noción básica no uso de Photoshop e dispor de ordeador portátil.

Profesorado

Alberto García Ariza, ilustrador profesional e profesor en Aula D.

Horario

Luns 16 e mércores 18 de outubro de 2017, de 18:00 a 21:00 h.
6 horas lectivas.

Taxas e matrícula

Xeral : 60 euros

Exalumnado de Aula D, persoas en situación de desemprego e menores de 18 anos : 45 euros

A matriculación queda formalizada efectuando o pago do importe das taxas, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, Vigo) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857) indicando nome do alumno/a e curso.

Máis información en : cursos@aulad.com

INFORMACIÓN SOBRE OS NOSOS CURSOS

Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición enviándonos unha mensaxe.