O período de matriculacións comeza no mes de marzo e finaliza nas datas que cada ano establece a Consellería de Educación. En calquera caso recoméndase aos futuros alumnos e alumnas que se poñan en contacto coa escola para coñecer ou confirmar exactamente cal é o prazo no que poden realizar a matrícula.
Posto que o número de prazas é limitado recoméndase facer previamente unha reserva de praza para que, no caso de cumprir os requisitos académicos necesarios, teñan asegurada a súa incorporación ao ciclo. As reservas serán atendidas por extricta orde de chegada.
A documentación necesaria para realizar a matrícula consta do seguinte:
- 2 fotografías tamaño carnet
- 2 fotocopias do DNI sen cortar
- certificado de estudos, vida laboral, ou outros documentos que acrediten o currículum