1º CURSO
O 1º curso distribúese, segundo as horas de clase asignadas semanalmente a cada módulo, do seguinte xeito: Proxectos de Gráfica Publicitaria (4h); Tipografía (6h); Fundamentos da Representación e a Expresión (8h); Medios Informáticos (4h); Linguaxe e Tecnoloxía Audiovisual (4h); Historia da Imaxe Publicitaria (2h); Teoría da Imaxe (2h); Fundamentos do Deseño (4h);
2º CURSO
O 2º curso contén os seguintes módulos: Proxectos de Gráfica Publicitaria (12h); Fotografía (6h); Linguaxe e tecnoloxía audiovisual II(6h); Teoría da Publicidade e o Marketing(3h); Formación e Orientación Laboral (3h).
PRÁCTICAS EN EMPRESAS
Tras superar os módulos do segundo curso (agás Proxecto Final), faranse unha serie de prácticas (FCT -Formación en Centros de Traballo-) en empresas do sector coas que a escola ten asinados convenios. A finalidade destas prácticas é a de pór en contacto directo ao alumnado coas empresas, obtendo así unha experiencia que será de grande axuda na súa futura incorporación laboral. A duración das prácticas será de 150 horas.
PROXECTO FINAL DE CICLO
O Proxecto Final de Ciclo (ou Proxecto Integrado) desenvólvese no último treito do segundo curso, sendo a culminación destes estudos e reflectindo todos os coñecementos acadados ao longo dos mesmos.