Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "processing"

Ven de rematar o curso  impartido por Alberto García, Processing, fundamentos de programación creativa. Durante a súa duración os asistentes puideron introducirse no manexo desta linguaxe de programación así como explorar as súas características e capacidades de representación e interacción. Agardamos poder ver pronto os froitos desta primeira toma de contacto.

Etiquetado en:
 

O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da programación informática orientada ao deseño. Polo que búscase unha linguaxe doada, que permita ser utilizada tanto para a creación multimedia, como para o deseño gráfico, a escea artística, a representación de datos ou a creación de sinxelas simulacións de conceptos de matemáticas, física ou de xeometría. En definitiva, é unha linguaxe de programación moi sinxela, rápida e versátil que permite unha doada aprendizaxe.
A plataforma Processing  (www.processing.org) é Software Libre, dispoñible para Windows, OSX e Linux,  e está moi estendida por todo o mundo. Asemade permite unha doada migración a outras linguaxes como Flash ou Javascript..
Neste sentido, este curso contará cunha expansión nun segundo curso posterior que tratará sobre a utilización de Processing como ferramenta para o deseño de espazos interactivos.

Perfil do alumnado

O curso está dirixido a deseñadores e artistas sen experiencia co programa. Os alumnos deberán traer o seu portátil co programa instalado. Pódese descargar en http://processing.org/download/, descomprimir o arquivo,  e procédese a súa instalación con normalidade

Metodoloxía
Exposición de contidos teóricos apoiados con exercicios que o alumnado realizará na aula.

Obxectivos
Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da programación informática.
Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades dos proxectos interactivos
Capacitar ao alumnado para que con ditas nocions básicas poida profundizar na investigación e desenvolvemento das súas capacidades.

Profesor
Alberto García Ariza. Desenvolve o seu labor profesional como deseñador e ilustrador e imparte clases de Proxectos no ciclo superior de Gráfica Publicitaria de Aula D.Escola de Deseño.

Horario
Venres 15 de febreiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 16 de febreiro de 10.00 h ás 14.00 h
Venres 22 de febreiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 23 de febreiro de 10.00 h ás 14.00 h
Venres 1 de marzo, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 2 de marzo, de 10.00 h ás 14.00 h

Prezo
Xeral : 120€
Alumnado de Aula D : 60€
Ex-alumnos de Aula D : 90€
A aboar antes do martes 12 de febreiro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno. Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos. Contacta en cursos@aulad.com

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.