Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "premios"

Dende o día 7 deste mes e ata o vindeiro 5 de decembro estará aberta ao público a exposición dos traballos premiados no 10º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato. Este certame, xa consolidado, abre unha porta aos estudantes galegos para dar mostra das súas capacidades creativas, expresivas e técnicas a través da disciplina fotográfica.

A exposición estará aberta ao público no espazo polivalente de Aula D (Rúa Ourense 4) de luns a venres entre as 09:00 e as 15:00 e de martes a xoves tamén en horario de tarde entre as 16:30 e as 21:00.

Etiquetado en:
 

Recentemente inaugurouse no espazo polivalente da escola a mostra que recolle os traballos presentados á novena edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato promovidos pola asociación de antigos alumnos do IES Monelos da Coruña.

Entre os premiados nesta edición están os alumnos de Aula D, Sandra González Villanueva, gañadora do primeiro premio, así como Daniel Chapela Cordeiro, Mari Carmen Martínez Portela, Uxía Benlloch Giao e Andrés Aguiar González que conseguiron un accésit, e Sandra Tomé Argibay, Mª José Miguez Iglesias, Claudia Silva Gómez e Fátima Comedeiro Darrosa como finalistas.

A mostra permanecerá aberta ata o 31 de outubro e pódese visitar de luns a venres pola mañá de 10:00 a 14:00, ou de martes a xoves pola tarde de 16:30 a 20:30

Etiquetado en:
 

ENTREGA 8º PREMIO DE FOTOGRAFIA XURXO LOBATO NO IES MONELOS  PREMIADOS E XURADO © XURXO LOBATO

O Mércores día 2 de Maio, a Asociación de Antigos Alumnos do I.E.S. MONELOS da Coruña, fixo entrega dos premios do 8º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, na que se presentaron ao redor de 500 fotografías de 192 alumnos de diferentes centros de estudo galegos.
Nesta oitava edición, o xurado, formado por Xose Díaz, Tino Fraga,Pablo Mella, Antón Orosa, Blas Rodriguez e o propio Xurxo Lobato, concedeu 3 premios, 13 accésits e unha mención especial cara á nosa escola, Aula D, por seres o centro onde estuda (2º ano do Ciclo Superior de  Gráfica Publicitaria) a gañadora deste certame: Sandra Tomé Argibay.

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.