Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "Obradoiro para nen@s"

Hoxe ademais de traballar no obradoiro do día,  tocaba despedirse por este ano, polo que realizamos unha actividade curta, de pouco traballo manual e moi inmediata como idea: tres cortes polos que curvamos un plano de cartón, un par de grampas en cada corte,  cola e papeis de cores para que cada un déralle o acabado de seu.

Etiquetado en:
 

Hoxe, día 31 de xullo, puxémoslle remate a este obradoiro, verán 2013, de música realizando dous instrumentos máis, o primeiro o abesouro/roncollo realizado cun cachiño, cilindro, de cana un anaquiño de plástico e un sedal suxeito a un pauciño de piñeiro ben seco. O son que se produce é semellante ao zumbido dun abesouro que resulta da fricción do sedal co pao e que trasmite ao plástico , que serve de membrana, para logo seres amplificada polo cachiño de cana.

O segundo foi unha maraca, que saiu da reutilización dunha lata de refresco á que se lle puxo un mango para por último meterlle un pouco de arroz e pechala pola cabeza aberta cunha tapa feita cumha fina chapa de taboleiro de madiera inserida no mango.

Co conxunto de instrumentos realizados neste obradoiro espero que os nen@s non só se divertiran ao seres a maioría destes estribillos amais de instrumentos, senón que tamén aprenderan un pouco da nosa tradición instrumental.

Unha aperta, para tod@s @s asistentes, de Manuel Barreiro Chao deseñador e profesor de aula d.

 

Etiquetado en:
 

 

O luns 24 de xullo as luces  apagáronse e o narrador contounos a historia de Vicent Malloy, un rapaz cunha imaxinación desbordarte. Despois tocounos pensar a nós. Como é Vicent?, como se ve na seu maxín?… o can… ao final transformábase? e que pasaba coa súa tía?

Os rapaces interpretaron e ilustraron esta historia, respectando o final ou creando un novo e alternativo. Estas ilustracións servíronnos tamén para o obradoiro do día seguinte.

Etiquetado en:
 

O día 1 de agosto fixemos unha casa de bonecas á escala “casi” real. Con caixas de cartón abertas por unha das súas caras, cada nen@ tiña que construir unha peza da casa (dormitorio, salón, cociña, …)

Realizamos unha ventá protexida cunha cortina e outra pechada con contras; elementos decorativos, cadros, mobles, etc. Practicamos distintas agrupacións unindo unhas caixas con outras, pareadas, arrimadas, … e !a xogar!

 

Etiquetado en:
 

 

Partindo das ilustracións e do texto sobre o que traballamos no obradoiro do día anterior, e trala análise dalgunhas páxinas de comics tan coñercidos e míticos como “Mortadelo y Filemón” “El Capitan Trueno” “Tintín” ou “Asterix” , o martes 30 de xullo no obradoiro de maquetación, cada un dos nosos novos maquetadores organizou o seu libriño repartindo texto e ilustracións, tendo en conta as páxiñas de respecto e os elementos  que deben aparececer tanto na capa como na contracapa.

Etiquetado en:
 

O día 26 de xullo repasamos un momento emocionante na historia da arte: as vangardas do século XX. A aparición da fotografía como fiel reproductora da realidade fixo que os pintores buscaran outras alternativas de representación. Reflexionamos sobre algunhas destas novas visións: puntillismo, futurismo, expresionismo, cubismo, neoplasticismo, abstracción, …

Para rematar, emulando a Mondrian, fixemos unha composición neoplasticista.

 

Etiquetado en:
 

 Mentras que as leixes da física son inexorables,  o feito artístico, non está suxeito a ningún tipo de leises. As esculturas móbiles de Calder, que presentamos aos nen@s asistentes ao obradoiro,  curiosamente son móbiles e polo tanto libres e aparentemente lixeiras  gracias a esas leises da física ás que están suxeitas. Logo de coñecelas e analizar outros tipos de móbiles máis comúns, os nosos pequenos artistas da física adicaron a mañán a construir o seu propio móbil colgante.

Etiquetado en:
 

 

Unha das diferencias entre o teatro e o cinema está en que no primeiro caso actores e público comparten tempo e espazo.  No segundo, estas dúas magnitudes deixan de se corresponder e ademais o público non está presente no momento da actuación. Esto permítenos reconstruir o espazo e o tempo a partires de anacos desordeados do que queremos contar este luns 22 de xullo.

Susana Román a directora xa está lista, os decorados dispostos, o guión máis que aprendido… só queda empezar! Os actores caracterízanse e ensaian unhas últimas frases, é a hora de filmar.  O pai leva o sombreiro? A nai non atopa  a súa touca! As fillas chegan tarde e o paxaro Manolo xa voara.

Ao final estamos todos en escena, pero vaia, o recadador di… “Son dez mil euros”, é simplemente un roubo… os nosos nenos saben que con moito moito menos xa se pode  soñar.

 

Etiquetado en:
 

O venres 19 de xullo no obradoiro de encadernación falamos dos rollos de papiro dos exipcios, dos pergaminos, dos códices, da encadernación artesanal, do cartoné, das tapas brandas, do cosido dos libriños, da edición rústica, ……… e da encadernación actual como xeito de presentar o libro. Logo cada nen@ realizou o seu partindo dunha lóxica que lle permitise rematalo coherentemente, coser os libriños, idear as tapas e rematar o conxunto. En definitiva comprender que cada obxecto que utilizamos é como é porque antes foi deseñado.

Etiquetado en:
 

O día 22 e case rematando o obradoiro deste verán, continuamos coas nosas creacións e desta volta tocounos facer de primeiras un reque-reques que consiste nunha peza de cana alongada á que lle facemos uns dentes para logo refregala cun pauciño producindo un son característico. O outro instrumento que fixemos foi o cantagalos, que se fai cun anaco dunha póla de loureiro á que lle facemos unha fenda para meterlle nela unha folla, tamén de loureiro, recortada axustándose ao grosor da pola, unha vez feito esto só nos queda meter a poliña

entre os beizos de xeito que, ao soprar, o aire pasa pola fenda facendo vibrar a folla alí aloxada. Prodúcese  un son semellante ao canto dun galo.

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.