Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "libro"

Recentemente ven de publicarse na prestixiosa revista alemana Novum o traballo do deseñador e ilustrador Diego Mallo Ferrer (Vigo, 1974). O seu traballo, desenvolvido fundamentalmente dende a imaxe fotográfica e a ilustración nútrese de referentes vencellados ao surrealismo (Josep Renau, John Heartfield) ainda que articulando unha narrativa visual máis contemporánea e próxima a autores como Daniel Gil ou Isidro Ferrer cos cales comparte, por certo, a creación de portadas para libros.

Formado en Belas Artes na Universidade de Barcelona (e actualmente vivindo entre esta cidade e Londres), os seus traballos reflicten unha importante pegada procesual, froito da constante labor de experimentación presente ao longo de todo o seu percorrido vital e profesional no que tivo a ocasión de profundizar en disciplinas tan diversas coma o debuxo, a escultura, a serigrafía ou a animación, aspectos estes esenciais no resultado das súas propostas máis actuais.

As súas pezas gozan da capacidade de atrapar ao espectador no tanto que, dende unha -aparentemente- sinxela e nítida formalización, agochan unha histora sorprendente, aberta, reflexiva, sutil e -en moitos casos- trascendente, producto sempre da condición humana.

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.