Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "land art"

Lan Art por Úrsula Cancelas Pequeño

Para o desenvolvemento do traballo relacionado co Land Art centreime na idea de levar a cabo unha serie de pequenas “esculturas” dispostas no bosque. Éstas están construídas a base de pedras do propio ámbito que se sosteñen en equilibrio pola súa composición de xeito gradual (de máis grandes a máis pequenas). A miña intención era que nos recordasen a eses monumentos megalíticos como son os dolmens, os menhires, etc… que tiñan un significado relacionado coa terra, coa alma, etc…incluso algúns funcionaban coma tumbas ou como marca dun lugar de culto. A súa escala adoitaba ser de gran tamaño ou mesmo monumental como os Crommlech ou as estatuas da Illa de Pascua.
Polo tanto, o que pretendía era crear un bosque de pedras a pequena escala e onde a man do home está presente pero sen alterar de ningún xeito a natureza.
Esta intervención xogaría o papel de sorprender a aquel que pasase polo lugar, facéndose todo tipo de preguntas como quen o fixo? que significa? porque están así colocadas?…

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

Etiquetado en:
 

Land Art por Roi López van der Veen
O Land Art é unha corrente artística xurdida na década dos anos setenta do século XX. Ten como fin trasladar o traballo artístico aos espazos naturais, os cales son transformados polo pensamento e a acción do artista. As súas creacións usan a paisaxe como soporte (escenario) ou materia prima da obra. A súa finalidade é producir emocións plásticas no espectador que se enfronta a unha paisaxe determinada. O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións ao observador.
:::Desenvolvemento do traballo:::
Parto sen unha idea en concreto máis que a de utilizar unicamente elementos naturais propios da zona ou escenario elixido.
Dous dos elementos visuais máis potentes que se encontran no monte son as rochas e arbóres, e decido que estes dous elementos serán os que compoñan o meu Land art.
Encontrei unha rocha con características que me parecían interesantes para o traballo.
Ao ver a rocha o primeiro que me imaxinei eran ramas saíndo desas gretas e fendas, polo que entraba en xogo un terceiro elemento, a erosión, causada pola auga e o vento.
As ramas arranqueinas duns arbores secos das inmediacións.
O resultado é unha combinación dun elemento que forma parte dunha árbore, con outro elemento inerte; o que en termos literarios denomínase oxímoro que consiste en usar dous conceptos de significado oposto nunha soa expresión, que xera un terceiro concepto.

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

Etiquetado en:
 

Land Art por  Miguel Cerqueiro Díaz

1. TRABALLO A REALIZAR
O exercicio proposto consiste en realizar unha intervención nun ámbito natural utilizando o marco e os seus propios materiais.
2. LAND ART
O Land art é unha tendencia da arte contemporánea que utiliza o medio e os seus elementos (madeira, terra, pedras, area, rochas, lume, auga, etc.). Esta expresión inglesa traduciuse tamén como «arte da construción da paisaxe» ou «arte terrestre». Xeralmente, as obras atópanse no exterior, expostas ós elementos, e sometidas á erosión natural; así pois, algunhas desapareceron, quedando delas só o recordo fotográfico. As primeiras obras realizáronse nas paisaxes desérticas do Oeste estadounidese a finais dos anos sesenta. As obras máis impoñentes, realizadas con equipamentos de construción como escavadoras, se chaman earthworks, (palabra que pode traducirse como escavacións, aterramentos ou desmontes). A súa finalidade é producir emocións plásticas no espectador que se enfronta a unha paisaxe determinada. O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións ó observador. Preténdese reflectir a relación entre o home e a terra, o medio e o mundo, expresando ó mesmo tempo a dor, debido ó deterioro ambiental do clima que existe hoxe en día. O principal é a interacción do humano-­artista co medio.
3. FASE DE ANÁLISE
Unha das grandes referencias durante a fase de análise para concretar o proxecto foi o análise da obra de Andy Goldsworthy, artista que traballa coa levidade, nas súas pezas vemos o movemento e cambios que vai mostrando co paso do tempo, el mira todas as súas creacións como temporais, a súa materia son obxectos comúns na natureza, pero en realidade no trasfondo traballa co vento, a luz, o tempo, onde máis que buscar a perfección do obxeto, nos mostra a enerxía e vida que teñen cada un deles. A visualización do documental Ríos e Mareas, no cal, vemos o artista traballando co efémero, en condicións duras e de grande introspección, foi dun grande impacto persoal. O artista mimetizase co natural, entra en diálogo co medio e o seu trato é dunha gran delicadeza e respecto. Móstranos o fráxil do ámbito, pero tamén incide no inmenso poder da natureza e faceta cambiante, o medio flúe e os seus seres modélano.
4. ANÁLISE DO ÁMBITO
Fase consistente no análise do ámbito natural e de posibles elementos a utilizar.
5. INTENCIÓNS. AS FORMAS XEOMÉTRICAS.
Xeometría vén do grego xeo = terra e de metrón = medida. É dicir, é a ciencias que estuda a medida da Terra. En definitiva, a exploración do mundo exterior. A xeometría sempre estivo presente no arte, aínda que non foi ata o século XX cando se teorizou máis a fondo sobre o seu uso. Nas primeiras décadas estivo intimamente ligada ós conceptos de abstracción e modernidade. Mediante a utilización de elementos naturais, xero unha serie de figuras xeométricas, as súas formas, e o lugar onde son colocadas xogan tamén co absurdo, pomelos en piñeiros, un río de pomelos, pomelos en erupción saíndo dunha rocha, piñas con bifurcacións simulando un río ou piramides de piñas amontoadas

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.