Presentación de Proxecto Edición 2016

 

convocatoria-proxecto-edicion-2016

O vindeiro mércores 16 de marzo terá lugar na escola a presentación do Proxecto Edición 2016 a cargo da empresa de xestión integral de proxectos fotográficos Copias de Autor.

Proxecto Edición  ten como fin a selección e publicación de dous traballos fotográficos de autor, un deles para estudantes e o outro en
convocatoria aberta.

Na primeira convocatoria resultaron premiados os traballos Waste de Julio Eiroa e O corpo que esconde de Virginia González, así como Pilara, a muller que vive coa miña aboa, o proxecto da nosa exalumna Noelia Fernández, que obtivo a mención de honra.

A presentación dará inicio ás 12:00 nas instalación de Aula D, escola de deseño (rúa Ourense 4) e a entrada é aberta a todo o público.

 

Retratos fotográficos persoais e experiencias plásticas

Ata o próximo 24 de febreiro permanecerá aberta no espazo polivalente de Aula D unha exposición de traballos realizados durante o primeiro trimestre do presente curso dentro dos módulos de Linguaxe e Tecnoloxía Audiovisual e Fundamentos da Representación e a Expresión Gráfica.

A mostra consiste nunha serie de retratos fotográficos persoais, e diversas experiencias de tipo plástico realizadas polos alumnos de 1º de Gráfica Publicitaria: Angel Currás, Ana Domegan, Duarte Escariz, Teresa Fernández, Lucía Ferreira, Antía López, Andrea Martínez, María Mosquera, Noa Sánchez, Paula Santos y Raquel Vilas.

 

Exposición de traballos do ciclo de Gráfica Publicitaria

IMG_20151014_200734

Ata o 3 de novembro pódese visitar no espazo polivalente da escola unha escolma dos traballos realizados polo alumnado de 1º e 2º curso nos módulos de Linguaxe e Tecnoloxía Audiovisual e Fotografía do Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria.

En base aos exercicios propostos durante o curso os alumnos e alumnas desenvolveron os seus proxectos dando como resultado traballos nos que a creatividade e a excelente realización técnica van da man dando lugar a imaxes sorprendentes, espazos oníricos, reflexións estéticas,  novas perspectivas, doses de humor e, en definitiva, a un suxerente percorrido por outras visións dende as que o espectador remata por descubrir unha ventá aberta á súa propia imaxinación.

_______

A entrada é libre e gratuita, nos horarios de apertura da escola.

Aula D, escola de deseñoRúa Ourense 4 (praza interior), -Vigo

ARGONAUTA. Inspiración en fotografía. Cursos Aula D

O curso Argonauta, inspiración en fotografía vai dirixido a profesionais e afeccionados que desexen profundizar no desenvolvemento dunha metodoloxía de traballo propia así como na obtención de diferentes estratexias e recursos cos que afrontar tanto encargos comerciais como proxectos persoais. Seguir leyendo «ARGONAUTA. Inspiración en fotografía. Cursos Aula D»

Premios Concurso de Fotografía Xurxo Lobato 2014

 

Na 10º edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato presentáronse máis de 684 fotografías por case 300 estudantes de toda Galicia. O xurado, presidido por Xurxo Lobato e formado por Isabel Romero, profesora IES Imaxe e Son; Anton Orosa, secretraio IES Monelos; Pablo Mella, arquitecto e fotógrafo; Xose Díaz, secretario da Fundacion Luis Seoane; Tino Fraga, director do Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega e, como secretario do Xurado, Blas Rodríguez, expresou a súa satisfacción pola mellora continua da calidade dos traballos presentados e o mantemento con respecto a edicións anteriores.

Dende Aula D queremos expresar igualmente a nosa satisfacción e dar os nosos parabéns á organización do concurso pola súa dedicación por promover a creatividade no ámbito da Fotografía entre a mocidade galega, así como a tódolos participantes e premiados.

Do mesmo xeito, queremos felicitar moi especialmente ós nosos alumnos Nerea Paños Boente e Diego Orge Vázquez que resultaron galardonados con cadanseu accésit na presente edición por dous excelentes traballos, así como aos finalistas Antía Méndez Conde-Pumpido, Fátima Comedeiro Darrosa, Ismael Estévez Carneiro e Ana Belén Pérez Castro, seguindo así todos eles a traxectoria de anos anteriores nos que outros alumnos desta escola obtiveron recoñecemento nestes premios (20132012).

Por último, tamén nos gustaría agradecer ao periódico dixital Mundiario o estupendo artigo que lle dedican á foto titulada Sometida de Nerea. Podedes botarlle un ollo neste enlace: Sometida, una foto impactante de una estudiante de diseño: Nerea Paños Boente.

 

 

Visita á exposición LABUELA PETRA residencia artística.

O pasado mes de setembro un grupo de profesores e alumnos de Aula D démonos cita na Alameda de Bouzas, na cidade de Vigo, para visitar a exposición LABUELA PETRA, residencia artística.

A exposición realizouse  intervindo o interior dunha casa familiar de dous andares: un total de catro cuartos onde cada un dos autores presentou o seu traballo ás máis de sesenta persoas que alí nos reunimos para sermos espectadores privilexiados desta inusual e suxerente proposta. Seguir leyendo «Visita á exposición LABUELA PETRA residencia artística.»

Exposición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato 2013

Recentemente inaugurouse no espazo polivalente da escola a mostra que recolle os traballos presentados á novena edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato promovidos pola asociación de antigos alumnos do IES Monelos da Coruña.

Entre os premiados nesta edición están os alumnos de Aula D, Sandra González Villanueva, gañadora do primeiro premio, así como Daniel Chapela Cordeiro, Mari Carmen Martínez Portela, Uxía Benlloch Giao e Andrés Aguiar González que conseguiron un accésit, e Sandra Tomé Argibay, Mª José Miguez Iglesias, Claudia Silva Gómez e Fátima Comedeiro Darrosa como finalistas.

A mostra permanecerá aberta ata o 31 de outubro e pódese visitar de luns a venres pola mañá de 10:00 a 14:00, ou de martes a xoves pola tarde de 16:30 a 20:30

Exposición fotográfica dos traballos presentados na 8 ª edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato.

Dende o 29 de outubro e ata o 29 de novembro albergarase no espazo polivalente de aulaD, escola de deseño, a exposición itinerante pertencente ao Certamen Fotográfico do recoñecido fotógrafo galego Xurxo Lobato, que xa conta coa súa oitava edición. Nesta convocatoria participaron 500 obras de diferentes alumn@s de centros de ensinanza de toda Galicia, das que foron premiadas as seguintes: Seguir leyendo «Exposición fotográfica dos traballos presentados na 8 ª edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato.»

Navegación de entradas

1 2
Volver arriba