Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "deseño industrial"

Como actividades co comezo do curso 17/18 no presente mes de outubro o alumnado de deseño de interiores, saiu á rúa para visitar Espacio Invisible, estudio do interiorista e deseñador de producto Juan Ares, recién instalado en Vigo na rúa Elduayen, perto do Paseo de Alfonso, logo dirixiuse ao taller de deseño e confección de indumentaria  La Canalla no que nos recibiron os modistos Patricia e Francisco acompañados da súa nai María, a terceira integrante do grupo.

Juan Ares e xa un referente como deseñador de interiores e de producto para o noso alumnado, dende a visita que realizamos ao seu estudio exposición en Boiro o curso pasado, para coñecer a súa liña de mobiliario “An Ocean Projects” e integrala nun dos proxectos realizados durante o pasado curso.

La Canalla, é outro referente para todos nos dende a  súa colaboración coa escola como invitada e protagonista das xornadas de creatividade transversal “cose unha casa habita unha prenda” levadas a cabo no mes de decembro do curso 14-15. Este ano os nosos alumnos estan a realizar un proxecto para tenda taller de indumentaria no que eles son os que en teoría realizan o encargo.

Ao remate da mañán xa no taller de La Canalla, tivemos a oportunidade de nos xuntar con todos eles, para falar de, desexo, coherencia, sostibilidade, reciclaxe, antideslocalización na producción  e outras cuestión que forman parte dos principios que rixen o seu traballo e os convirte en deseñadores comprometidos coa contemporaneidade.

Dar as grazas moi especialmente a María pola súa presenza, porque conversar con ela e  aprender do seu traballo, é sempre unha “clase maxistral”. Unha “lección de vida”.

Etiquetado en:
 

O pasado xoves 25 de setembro o alumnado de AULA D asisteu no Espacio Sirvent á exposición “Objetos – Iconos TRANS – FORMA”  na que colaboran ZANOTTA, empresa protagonista da historia do deseño italiano e a FABRICA, Laboratorio Internacional de Investigación do Grupo BENETTON, na que 17 pezas históricas convertidas xa en clásicos do deseño, foron reinterpretadas  libremente e de forma contemporánea.

No acto de apertura o director da Fundación Luis Seoane David Barro introduciunos na interrelación que existe entre disciplinas tan próximas como o Deseño e a Arte coa conferencia “Arte, Diseño y otras gaitas”.

Etiquetado en:
 

O vindeiro xoves 25 de setembro inaugúrase no Espacio Sirvent a exposición Objetos – Iconos TRANS – FORMA.
ZANOTTA, empresa protagonista da historia do deseño italiano, e FABRICA, Laboratorio Internacional de Investigación do Grupo BENETTON, colaboran nesta exposición de 17 pezas históricas, reinterpretadas de forma contemporánea.

Amais da exposición, o director da Fundación Luis Seoane David Barro introduciranos na interrelación que existe entre estas disciplinas tan próximas como son o Deseño e a Arte coa conferencia “Arte, Diseño y otras gaitas”.

Lugar: Espacio Sirvent
Data e hora: xoves 25 de setembro ás 20:00

Etiquetado en:
 

No mes de decembro de 2013 rematou o Curso de Introducción ao Deseño. Neste segundo bloque do curso, e co apoio dalgunhas clases teóricas, tratábase de realizar o deseño dunha luminaria de interior para ámbito doméstico ou comercial,  para a súa venta a través de internet, incluindo o seu nome comercial, a imaxe gráfica e o propio contenedor ou embalaxe para transportar o produto.

“O produto está promovido por unha nova empresa de mobiliario e iluminación que pretende ofertar un deseño onde prime a orixinalidade e a creatividade. Tamén haberá que ter en conta a facilidade de montaxe e o tamaño e peso do envase para facilitar así a súa venta por internet. O prezo deberá ser competitivo.”

Os alumnos tiveron que materializar e expoñer públicamente os seus proxectos e convencer das súas “bondades”. Aquí aparece unha mostra das luminarias presentadas, que nos deixaron moi bo sabor de boca. Noraboa a todos eles polo seu traballo e entusiasmo.

O xoves 19 de setembro  The Nude Design fixo entrega das catro lámpadas cos deseños de seu aos novos colaboradores Iván R,  Nerea Otazo, Sandra Almeida e Sheila Martínez (estas dúas últimas, ex alumnas de Aula D).
As súas propostas foron seleccionadas trala participación no concurso “Se Buscan Colaboradores”, organizado durante os meses de marzo-abril deste ano polo equipo de The Nude Design e en colaboración con Aula D.
Se queres ver máis de cerca a Aztec, Bon apettit, Stitch, ou Seed, so tes que visitar a súa web.
Etiquetado en:
 

pasado venres inauguramos a exposición 11 lámparas vestidas, un proxecto levado a cabo por Xan Centrón, Miguel Vázquez, Sara Veiga e Nerea Villar, promotores de The Nude Design.

O concepto Nude xira en torno á idea de deseñar mobiliario e obxectos que poidan ser facilmente personalizables polos usuarios, nunha confluencia entre deseño industrial e deseño gráfico. A súa primeira creación é a lámpada Miss Mixx:

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 

“O vello Michael e Gerrit falaban con Vincent, o máis novo. Os dous primeiros sentados, Vincet de pé apoiado na parede. Nós no chan doutro lado da porta, agochados no corredor, escoitando como nenos a conversa dos seus pais. O primeiro curvaba una vara vara eo segundo falaba dun tal Piet mentras xogaba coas cores vermella, amarela e azul. O máis novo, que sabia moi ben do que falaban, pregaba un anaco de papel.Thonet, Rietveld e o máis novo, Martínez, despedíronse e nós liscamos.

Era polo mes de marzo e chegaron os tempos do papel e a tesoira”

Corta | Prega: charla-coloquio e exposición de Susana e Pedro Román

Con este pequeno texto, os interioristas Susana e Pedro Román, preséntannos “Corta | Prega”, unha liña de moblaxe deseñada sobre chapas de aceiro.

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.