Croa Magazine en papel

croa

Despois de catro anos e máis de 30 números editados en formato dixital a revista Croa Magazine, un proxecto sen ánimo de lucro volcado na difusión cultural e dos novos creadores, dirixido pola nosa exalumna Marta Villar, disponse a publicar un número especial de 64 páxinas en formato impreso. Para elo, xa está aberta a convocatoria para colaborar como mecenas na plataforma de crowdfunding verkami, a través da que é posible participar no financiamento obtendo un ou varios exemplares a un custo rebaixado máis outros obsequios adicionais, segundo a cantidade aportada.

O prazo para colaborar nesta iniciativa remata o 25 de marzo e a presentación e entrega dos exemplares realizarase a partires do 15 de abril.

Celebración do 2º aniversario da revista CROA

O vindeiro venres 25 de abril terá lugar na escola (rúa Ourense, 4) a celebración do 2º aniversario da revista de divulgación cultural CROA MAGAZINE.

O evento comezará ás 19.00 horas cunha rolda de charlas-coloquio co tema “CREATIVIDADE vs PRODUCTIVIDADE” contando para elo coa voz e a experiencia de:

MARCOS DOPICO. Profesor de deseño e presidente da DAG (Deseñadores Asociados Galegos)

RAFA CAMESELLE. Deseñador de moda cuxa colección vimos na última edición da Pasarela Cibeles.

JANITE. Reporteiro cultural, Fotógrafo omnipresente en Vigo.

 

Tras escoitar as experiencias e dialogar con estes tres profesionais seguiremos con:

EXPOSICIÓN DE PORTADAS. Poderemos ver as 46 propostas do Concurso de portadas II aniversario que organizamos entre Febreiro e Marzo para dar portada a CROA23. 45 de estas 46 obras se manterán en segredo hasta este día!

PROXECCIÓN 2 ANOS DE CROA. Todos e cada un dos creativos que tiveron oco nas nosas páxinas ó longo destes dous anos estarán presentes no noso evento.

CROA ENTRE LIÑAS. Popurrí de obxetos representativos que teñen formado parte da historia de CROA. O noso álbum de lembranzas máis personal.

p::a. O deseñador e ilustrador Pobreartista decántase pola música, e baixo o pseudónimo p::a  amenizará a velada cunha estupenda selección. DJ & música ambiente.

E… como non podía faltar…

¡BEBIDA E PISCOLABIS!
Esperámosvos !!

Aula D, escola de deseño

A metanarrativa visual de Diego Mallo

Recentemente ven de publicarse na prestixiosa revista alemana Novum o traballo do deseñador e ilustrador Diego Mallo Ferrer (Vigo, 1974). O seu traballo, desenvolvido fundamentalmente dende a imaxe fotográfica e a ilustración nútrese de referentes vencellados ao surrealismo (Josep Renau, John Heartfield) ainda que articulando unha narrativa visual máis contemporánea e próxima a autores como Daniel Gil ou Isidro Ferrer cos cales comparte, por certo, a creación de portadas para libros.

Formado en Belas Artes na Universidade de Barcelona (e actualmente vivindo entre esta cidade e Londres), os seus traballos reflicten unha importante pegada procesual, froito da constante labor de experimentación presente ao longo de todo o seu percorrido vital e profesional no que tivo a ocasión de profundizar en disciplinas tan diversas coma o debuxo, a escultura, a serigrafía ou a animación, aspectos estes esenciais no resultado das súas propostas máis actuais.

As súas pezas gozan da capacidade de atrapar ao espectador no tanto que, dende unha -aparentemente- sinxela e nítida formalización, agochan unha histora sorprendente, aberta, reflexiva, sutil e -en moitos casos- trascendente, producto sempre da condición humana.

Abrir publicación
Croa

Croa magazine: unha nova revista online “destinada a ofrecer aos novos e non tan novos creadores unha oportunidade de amosar e publicitar as súas creacións”

O pasado mes de Abril deste ano 2012 naceu Croa, unha nova publicación dixital de carácter mensual que propón crear un espazo aberto á expresión da arte en xeral, abranguendo disciplinas como o deseño, a ilustración, a fotografía ou a música (entre moitos outros) dende un punto de vista que reflicta o panorama creativo actual, centrándose nas propostas máis novas.
Fronte a esta iniciativa, que partiu de Marta Villar, ex alumna de Aula D, reúnense diversos creadores (ou croadores, que é como se fan chamar neste caso) cuxa meta en común é dar a oportunidade de amosar o seu traballo así como decatarse das ofertas laborais recentes aos máis novos creadores e artistas galegos.
Para poder gozar da revista, seguir as súas publicacións máis recentes ou descargar algún dos seus dous números ata a data, poderedes acceder nos seguintes links:

·Web: www.croamagazine.com
·Facebook: http://www.facebook.com/croamagazine
·Twitter: https://twitter.com/#!/croamagazine
·Descargar versión imprimible: http://croamagazine.com/imprimeme.html

“Cociñando ao pé da letra”: entrevistamos a Andrea Costas sobre o seu libro con Yolanda Castaño

Hai uns días asistimos á charla-coloquio onde Andrea Costas, fotógrafa e profesora da escola, falounos da xestación e produción do seu libro “Cociñando ao pé da letra”. Xunto a ela estaba Iria Sobrino, tamén profesora de Aula D e arquitecta no estudo noncommon de Vigo, que realizou o deseño e a maquetación do mesmo.
Continue reading ““Cociñando ao pé da letra”: entrevistamos a Andrea Costas sobre o seu libro con Yolanda Castaño”

Volver arriba