Charla do ilustrador Iago Araujo

O pasado 30 de abril tivemos a sorte de que o deseñador e debuxante Iago Araujo dera unha charla na nosa escola sobre os puntos chave á hora de realizar un cómic divulgativo e didáctico como o seu marabilloso proxecto ¿Qué é o comercio xusto? , editado en tódolos idiomas da península e distribuido tanto en España coma en Portugal. A ponencia poñía punto final á exposición do seu traballo no espazo polivalente de aula D durante o mes de abril. Nela puidemos apreciar todo o proceso creativo dun cómic dende os primeiros bosquexos ata o resultado final, pasando polas fases de planificación e estructura, guión, creación das personaxes, escaneado, coloreado, maquetación, etc… Seguir leyendo «Charla do ilustrador Iago Araujo»

Abrir publicación

O bosquexo do mundo: charla-coloquio impartida por Alberto González-Alegre

O vindeiro luns 26 de novembro ás 12:00 horas, en aulaD (Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño) contaremos coa presenza de Alberto González-Alegre que impartirá a charla coloquio O bosquexo do mundo. Unha exposición feita para o museo do MARCO, que se inaugurará o 18 de xaneiro de 2013, comisariada polo propio Alberto González-Alegre e Angel Cerviño. Seguir leyendo «O bosquexo do mundo: charla-coloquio impartida por Alberto González-Alegre»

Saúde mental e expresión artística: conferencia impartida por Marcos Mallo (psicólogo) e Pilar Fernández (mestra de taller de DOA)

DOA: Exposición “Outras miradas 2″

O pasado 25 de setembro deu comezo, en AulaD, a exposición outras miradas 2 na que se amosan parte dos traballos dos alumnado do Centro DOA.
O vindeiro mércores día 3 de outubro, celebrarase ás 12,00h en unha conferencia baixo o título Saúde mental e expresión artística impartida polo psicólogo Marcos Mallo e a mestra de taller do Centro DOA, Pilar Fernández.
O mesmo día 3 e ás 20,00h convidámosvos tamén a unha xuntanza, en AulaD, como acto previo á Semana da Saúde Mental. Seguir leyendo «Saúde mental e expresión artística: conferencia impartida por Marcos Mallo (psicólogo) e Pilar Fernández (mestra de taller de DOA)»

Charla-coloquio: “Cerámica y función” por Miguel Vázquez

Dentro do ciclo de conferencias que ven promovendo a escola ao longo deste curso, o mércores día 11de abril o ceramista Miguel Vázquez falou sobre  Cerámica  e función. 

Na  charla-coloquio  Miguel Vázquez, membro da Academia Internacional de Cerámica de Xenebra (Suíza) e profesor do Obradoiro de Cerámica da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, explicou a evolución e funcionalidade do deseño cerámico dende Arts&Crafts ata os nosos días, facendo un breve repaso da obra de diferentes autores nacionais e internacionais do talle de Sori Yanagi, Eva Zeisel, Nathalie Choux, Tomas Kral, Ariel Rojo ou as galegas Marta Armada e María Meda , que se adican ao deseño de moda e complementos, que comezaron a súa andaina no mundo cerámico da man de Miguel Vázquez.

Lugar: aulaD, escola de Artes e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo
Data: 11 de abril ás 12:00
Acceso: libre ata completar aforo

Abrir publicación

Ciclo de charlas-coloquio en aulaD, escola de deseño: Vanesa Álvarez Díaz

Recentemente visitounos Vanesa Álvarez Díaz, antiga e polifacética alumna do centro (Promoción 2001/03) e actual deseñadora gráfica. Impartiu unha charla na que fixo un pequeno repaso de todos os seus traballos ata a data.

Vanesa comezou a traballar como deseñadora gráfica xunto con outra compañeira da escola despois de pasar por empresas como Cadena Ser, ámbalas  dúas se asociaron para crear, xa no ano 2004, Estudio Boox: un estudo de deseño gráfico, interior e mobiliario cun pensamento multidisciplinar. Nestes momentos Estudio Boox disolveuse, digamos, parcialmente, xa que Vanesa segue traballando como freelance e, como ela mesma nos comentaba, nas súas tarxetas de visita segue aparecendo o nome desta empresa. Seguir leyendo «Ciclo de charlas-coloquio en aulaD, escola de deseño: Vanesa Álvarez Díaz»

Abrir publicación

Charla-coloquio: «Cociñando ao pé da letra» con Andrea Costas e noncommon

Este martes 28 de febreiro ás 12 horas, terá lugar unha charla-coloquio impartida por noncommon, estudo de arquitectura e comunicación vigués de Rai Iglesias (brand editor) e Iria Sobrino (arquitecta e profesora de aulaD), xunto con Andrea Costas (fotógrafa e tamén profesora da nosa escola).
Cociñando ao pé da letra é o título que dá nome ao libro nacido da man de Andrea Costas e Yolanda Castaño e publicado pola Editorial Galaxia, onde, a través de escritores galegos como Fina Casalderrey, Candido Pazó, Carmen Blanco, Agustín Fernández Paz e ata 21 autores e autoras máis, se xeran unha serie «receitas literarias» un tanto difíciles de catalogar, pois non se trata dun libro de cociña ao uso nin tampouco dun receitario común, senón que nel pódense atopar as diferentes vivencias culinarias dos protagonistas da obra vistas dende un punto de vista moi creativo, poético e innovador.

Lugar: aulaD, escola de artes e deseño
Hora: 12:00
Entrada libre

Abrir publicación

New Babylon: unha cidade situacionista

O Venres 27 de Xaneiro contamos coa presenza da Arquitecta Marta Vilas Rodríguez, que veu a Aula D para impartir unha interesante charla-coloquio baixo o título: «New Babylon: unha cidade situacionista».
New Babylon é unha cidade nómade estruturada sobre plataformas móbiles proposta polo artista Constant entre os anos 50 e 70. O proxecto, situado na vertente máis arquitectónica do grupo de Vangarda «A Internacional Situacionista» resulta moi interesante (segundo comentan Marta Vilas e Xerardo Pérez- Arquitecto e profesor na nosa escola) debido a que é bastante complicado de toparmonos con el nos libros de Historia da Arquitectura Moderna. Trata sobre a organización nas cidades, onde se propoñen diversas alternativas a un urbanismo moi racionalista propio da época e cuxa máxima foi sempre buscar que o ser humano mellorase a súa calidade de vida .

Seguir leyendo «New Babylon: unha cidade situacionista»

Navegación de entradas

1 2 3
Volver arriba