Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "CIDE"

_MG_2481

No pasado mes de decembro finalizou o Curso de Introdución ao Deseño; durante o mesmo o alumnado tivo a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos dando forma a dous proxectos: un punto de información turística e unha luminaria. En ámbolos dous casos, os resultados superaron as expectativas, tendo en conta que este é un curso introductorio e o alumnado carecía de experiencia previa na xestión de proxectos destas características.

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 

No mes de decembro de 2013 rematou o Curso de Introducción ao Deseño. Neste segundo bloque do curso, e co apoio dalgunhas clases teóricas, tratábase de realizar o deseño dunha luminaria de interior para ámbito doméstico ou comercial,  para a súa venta a través de internet, incluindo o seu nome comercial, a imaxe gráfica e o propio contenedor ou embalaxe para transportar o produto.

“O produto está promovido por unha nova empresa de mobiliario e iluminación que pretende ofertar un deseño onde prime a orixinalidade e a creatividade. Tamén haberá que ter en conta a facilidade de montaxe e o tamaño e peso do envase para facilitar así a súa venta por internet. O prezo deberá ser competitivo.”

Os alumnos tiveron que materializar e expoñer públicamente os seus proxectos e convencer das súas “bondades”. Aquí aparece unha mostra das luminarias presentadas, que nos deixaron moi bo sabor de boca. Noraboa a todos eles polo seu traballo e entusiasmo.

Nas primeiras cinco semanas do Curso de Introducción ao Deseño os alumnos desenvolveron como proxecto un evento musical a celebrarse nas 18 parroquias rurais de Vigo, promovido pola Federación de Asociacións Veciñais, e cuxo obxectivo é dar a oportunidade aos grupos de música locais de amosar o seu traballo aos seus concidadáns. Durante 18 días trasladarase a “escenografía” destes concertos dunha parroquia a outra, de xeito que a música poida chegar a tódolos puntos do municipio.

Trátase de dar unha imaxe de marca coherente, no que o alumnado debe elixir un nome para este evento, estética gráfica propia, asemade unha escenografía que sirva de marco para os concertos musicais, tendo en conta que ao día seguinte terá que trasladarse de parroquia para que teña lugar outro concerto.

Baixo estas premisas os alumnos abordaron con entusiasmo o seu primeiro traballo de deseño, percorrendo ideas e conceptos, amoldándose ao briefing e conseguindo finalmente darlles forma e sentido como proxecto.

Etiquetado en:
 


Durante os meses de outubro, novembro e decembro Aula D impartirá o CIDE, un curso a través do que achegaranse ao alumnado coñecementos teórico-prácticos propios do Deseño, tanto dende o ámbito do deseño gráfico, como do deseño de interiores ou do deseño de produto.

Orientado fundamentalmente a persoas interesadas no deseño ou que teñan pensado iniciar estudos afíns (deseño gráfico, deseño de interiores, belas artes, arquitectura, delineación, etc), este curso non precisa de coñecementos previos por parte do alumnado xa que a súa metodoloxía permite desenvolver os contidos dun xeito progresivo ata acadar un nivel óptimo na aprendizaxe.

O curso ten unha duración total de 60 horas distribuidas en 6 horas semanáis durante 10 semanas, dende  outubro a decembro. As clases impartiranse os luns e os xoves en horario de tarde.

Descargar o folleto informativo en formato .pdf (1,40MB)

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes de reserva de praza atenderanse estrictamente por orde de chegada. Haberá un prazo para efectuar a formalización da matrícula pasado o que o dereito de matrícula pasaría á seguinte persoa da listaxe.
Para calquera dúbida ou comentario, ou mesmo para reservar praza, é posible contactar no enderezo de correo electrónico cursos@aulad.com ou no teléfono 986 214 076.

Aula D, escola de deseño | rúa Ourense 4, Vigo 

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.