Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "Bolsa de estudos"
4-bolsa-estudos
Aula D convoca a 4ª edición da Bolsa de Estudos en Deseño.

“Temos fame de ideas, de pratos suculentos e sorprendentes. Buscamos alumnos e alumnas para os que a creatividade sexa algo estimulante, refrescante, e por iso queremos que nos amoses a túa capacidade de ver o mundo cunha perspectiva diferente. Pero a túa idea vai ter máis valor aínda, xa que por cada participante inscrito no concurso da Bolsa de Estudos a escola donará 1 kg. de comida ao Banco de Alimentos de Vigo, de xeito que, aínda que non esteas interesado/a en estudar deseño, estaremos encantados de recibir a túa proposta e que con ela participes nesta iniciativa solidaria e colaborativa.”

Concederase unha bolsa de estudos consistente na realización sen custo do primeiro ano nun dos ciclos oficiais impartidos no centro: Comunicación Gráfica e Audiovisual (Técnico Superior en Gráfica Publicitaria) ou Deseño de Interiores (Técnico Superior en Proxectos e Dirección de Obras de Decoración).

As bases da convocatoria pódense consultar na páxina web da escola.
O prazo de admisión de propostas remata o 8 de xullo.

 

Etiquetado en:
 
maria-teresa-fernandez

1º Premio. María Teresa Fernández

 

Convocado o xurado do concurso da III Bolsa de Estudos en Deseño, este decidiu outorgar un único primeiro premio a María Teresa Fernández Vázquez polo seu traballo Deseño Nutritivo, así como dous accésit a Ana Valcarcel Portela e María Raquel Vilas Alonso polas súas respectivas propostas.
Parabéns ás premiadas e a tódolos/as participantes!

Etiquetado en:
 

Bolsa de Estudos Aula D

Buscamos alumnos e alumnas para os que a creatividade sexa algo estimulante, refrescante, e por iso queremos que nos sorprendas, que nos amoses a túa capacidade de ver o mundo cunha perspectiva diferente.

Só hai duas normas: deberás utilizar un folio de papel e a cor laranxa como elementos relevantes na túa proposta.
As posibilidades son infinitas: tomar unha fotografía, construir un obxecto, un espazo, facer unha ilustración, unha instalación, gravar un vídeo… ti decides. O importante é que a túa idea sexa orixinal, fuxindo dos tópicos e aportando algo novo, ben polo concepto, pola formalización ou por ámbalas dúas cousas.

A luz, os materiais, a cor, o volume, os usos, as persoas, os lugares, o significado… pensa nestas e outras cousas para cambialas, darlles a volta, ou traballar con elas. Tes liberdade para utilizar calquera técnica, material ou elemento, que pola súa forma, concepto ou contexto, aporte significado á túa idea.

 

Aula D convoca a 3ª edición da Bolsa de Estudos en Deseño.

A través dun concurso de creatividade, aberto a persoas maiores de 17 anos,  concederanse dúas bolsas de estudos coas que os gañadores/as poderán cursar sen custo o primeiro ano un dos Ciclos Formativos de Grao Superior impartidos na escola (Gráfica Publicitaria ou Deseño de Interiores).

As bases do concurso están dispoñibles na páxina web de Aula D

O prazo límite de inscrición e envío das propostas remata o día 19 de xuño.

Etiquetado en:
 

Reunido o xurado do concurso da 1º Bolsa de Estudos en Deseño, convocado por Aula D, e conformado éste por Manuel Barreiro Chao (director do centro), Pedro Román Company (xefe de estudos), Xerardo Pérez Medrano (arquitecto e profesor de Tecnoloxía), Diego Fernández Pérez (deseñador e xefe do dpto. de Gráfica Publicitaria) e Andrea Costas Lago (artista e profesora de Fotografía), acordan conceder unha bolsa de estudos aos seguintes participantes:

– Be Ita (Beatriz Santorun Vázquez)

– Nerea Macabra Elektro Duende (Nerea Paños Boente)

Os primeiros tres finalistas, por número de votos, foron Beatriz Santorun Vázquez (263 votos), Nerea Lorenzo (215 votos), Nerea Paños Boente (211 votos). Os outros tres finalistas seleccionados foron Beatriz Fernández García, Diego Orge Vázquez e Daniel Alonso Pérez.

 

Os catro finalistas que non foron premiados están invitados a asistir ao cursiño monográfico que eles elixan dos que Aula D levará a cabo durante o curso 2013/2014.

Parabéns aos gañadores así como ao resto de participantes.

Etiquetado en:
 

Aula D, Escola de Deseño convoca a súa 1ª bolsa de estudos en deseño.
Se che gusta o deseño, a publicidade, a fotografía, o interiorismo, e sobre todo a creatividade…
…tes a oportunidade de obter unha bolsa de estudos para formarte connosco o vindeiro curso, nun dos ciclos oficiais de Grao Superior que impartimos:
– deseño gráfico
– deseño de interiores

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.