Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "banda deseñada"

20180521_134025-b

O alumnado de Gráfica Publicitaria asistiu onte á exposición A Arte no Cómic, aberta ata o 30 de xuño na Sede de Afundación, en Vigo, na que da man do seu comisario, o historiador Asier Mensuro, puidemos participar dun percorrido polas claves que vinculan estas dúas disciplinas, Arte e Banda Deseñada.
Cun total de 73 debuxantes e artistas a exposición mostra, entre outras, obras do Museo Louvre; do Museo Nacional del Prado, ou do Museo Thyssen-Bornemisza, con pezas inéditas que se poden ver por primeira vez neste proxecto e organizadas en tres bloques. No primeiro trátase a relación entre os grandes centros artísticos e o cómic; o segundo está adicado ós creadores galegos, como Miguelanxo Prado ou Jacobo Fernández Serrano, entre outros; e o terceiro e último centrado na inclusión dentro da viñeta das grandes obras da pintura universal.

Queremos dar as grazas á organización pola súa invitación, ó comisario Asier Mensuro pola súa implicación co grupo, e a asistente de sala (e querida exalumna) Claudia Silva por recibirnos tan amablemente.

Etiquetado en:
 

Dentro do programa do noso  1º Curso de Ilustración e Banda Deseñada tivemos o pracer de contar coa presencia de Jacobo Fernández, quen nos ofreceu un amplo percorrido ó longo da súa obra.

Foi especialmente interesante coñecer de primeira man cómo se desenvolve a labor cotiá dun debuxante profesional e as diferencias de plantexamento entre os traballos comerciais e os proxectos personais, así como a súa visión do panorama actual da ilustración e a banda deseñada.

Jacobo Fernández Serrano (Vigo, 1971) é ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. É o creador da serie dos Arquivos do Archimboldo Roque para a revista Golfiño, das Aventuras de Cacahuequi ou de Marcopola, entre outros traballos.

Ábrese o prazo de matrícula para o 1º Curso de Ilustración e Banda Deseñada, que terá lugar entre os meses de xaneiro e marzo de 2014 en Aula D.

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 

O pasado 30 de abril tivemos a sorte de que o deseñador e debuxante Iago Araujo dera unha charla na nosa escola sobre os puntos chave á hora de realizar un cómic divulgativo e didáctico como o seu marabilloso proxecto ¿Qué é o comercio xusto? , editado en tódolos idiomas da península e distribuido tanto en España coma en Portugal. A ponencia poñía punto final á exposición do seu traballo no espazo polivalente de aula D durante o mes de abril. Nela puidemos apreciar todo o proceso creativo dun cómic dende os primeiros bosquexos ata o resultado final, pasando polas fases de planificación e estructura, guión, creación das personaxes, escaneado, coloreado, maquetación, etc…

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.