Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "actividades"

Como exercicio transversal dos módulos de Teoría do Interiorismo e Debuxo e Cor, o alumnado de 1º do ciclo de Deseño de Interiores propuxeron unha serie de exercicios sobre ilusións ópticas dos que amosamos algunhas das imaxes do proceso dende puntos de vista aleatorios e do resultado final dende o punto de vista concreto, para xerar a ilusión óptica pretendida, e dicir, a percepción de algo que non existe como tal no espazo tridimensional.

Os traballos que amosamos están realizados por Lorena Figueirido e Manuel Solla, Ana Valcarcel e Alejandro Justo, Alba Martínez e Vanessa Leirós e Mara Costas e Nerea Álvarez.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Lorena y Manuel

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

 

ana alejandro

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

panel pedro

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

mara nerea

 

Etiquetado en:
 

 

O xoves 18 de febreiro o alumnado de 2º de Deseño de Interiores realizou o tradicional percorrido que a Escola ven facendo cada ano ao Barrio Histórico da cidade. Esta vez o percorrido tivo lugar fundamentalmente polos barrios de extramuros, baixando dende o Castelo de San Sebastián ao Paseo de Alfonso para descubrir o Casco Vello e a panorámica da cidade dende a terraza do Asefal. Logo visitamos os Barrios do Cura e Santa Marta, para baixar dende a Igrexa de San Francisco ata a Ribeira. Xa de volta polas rúas San Francisco, a Barroca e Poboadores para adentrármonos nas prazas do Peñasco e Pescadores e decatármonos da súa inmediata relación coa Ribera. Finalmente descubrimos algunhas trazas de continuidade do quefoi o barrio antes de abrirse á rúa Elduayen e dividilo en barrio Alto e barrio Baixo.DSCN9520

Etiquetado en:
 

Ata o próximo 24 de febreiro permanecerá aberta no espazo polivalente de Aula D unha exposición de traballos realizados durante o primeiro trimestre do presente curso dentro dos módulos de Linguaxe e Tecnoloxía Audiovisual e Fundamentos da Representación e a Expresión Gráfica.

A mostra consiste nunha serie de retratos fotográficos persoais, e diversas experiencias de tipo plástico realizadas polos alumnos de 1º de Gráfica Publicitaria: Angel Currás, Ana Domegan, Duarte Escariz, Teresa Fernández, Lucía Ferreira, Antía López, Andrea Martínez, María Mosquera, Noa Sánchez, Paula Santos y Raquel Vilas.

 

Etiquetado en:
 

cartel-nido-web

O xoves 28 de xaneiro ás 12:30 horas visitarán a escola a deseñadora gráfica Noemí Díaz Patiño (Itrynottothink)  e os arquitectos Alberto Cebral e Ramón Viéitez, que impartirán unha conferencia baixo o título DESEÑO HIPERACTIVO. Deseñar contra os elementos e non tirar a toalla. Reinventarse.
No transcurso da mesma presentarán varios proxectos de deseño e non só deseño.
Son socios fundadores de Espacio Nido, situado no Barrio Alto do Casco Vello, estando comprometidos coa promoción deste ao través da páxina web Fairúa, e da Asociación Veciñal, participando na organización de ciclos de cine e teatro levados a cabo na Praza do Abanico
Dende Aula D queremos contar coa participación de todos os que vos queirades achegar á escola e agradecer por adiantado a vosa asistencia.

Etiquetado en:
 

O pasado mércores un grupo de alumnos e profesores da especialidade de Deseño de Interiores de AULA D , levamos as aulas á rúa  deténdonos en distintos puntos da cidade.

Compartimos co deseñador de interiores Jairo Bello preto de hora e media nunha das súas obras en fase de realización, falando do proceso construtivo, de consideracións de tipo proyectual, da inclusión na proposta dalgúns elementos preexistentes e da toma de decisións á hora de concretar os materiais de acabado e a súa posta en obra. Logo viñeron as preguntas sobre estas e outras cuestións relacionadas co desenvolvemento da profesión  e da súa propia traxectoria.

Tamén como toma de contacto e información previa para un traballo desenvolvido actualmente na escola visitamos tres coworkings , o  primeiro deles, VAINA, na rúa Falperra. Recibiunos o deseñador gráfico Juan  Branco que ten alí a súa mesa de traballo compartindo espazo co resto dos compoñentes. Este espazo dedícase no seu maior parte a talleres: pintura, serigrafía, deseño e confección de roupa, ensaios musicais, etc. xunto con outros postos en mesa de oficina.

Logo visitamos ESPACIO NIDO, situado no Barrio Alto do Casco Vello  na Rúa Ferrería, poboado de deseñadores, arquitectos, profesionais da comunicación etc. Con Alberto Cerval, un dos seus integrantes falamos das oportunidades á hora de compartir experiencias, coñecemento e recursos nun espazo compartido. Tamén do proxecto de integración, posta en valor e dinamización do barrio, que impulsan a través da Asociación Casco Vello Alto.

Xa pasadas as trece e trinta horas achegámonos a DINAMO na rúa Ecuador, un local rescatado e repleto de pegadas dos anos sesenta do  pasado século, que aglutina tamén a profesionais de diferentes disciplinas, espazos comúns para reunións ou cursos e unha sala permanente para exposicións, presentacións ou calquera tipo de evento. Grazas a Gonzalo e ao deseñador de interiores Juan Collazo por recibirnos e ilustrarnos durante a visita.

 

 

Etiquetado en:
 

Co gallo do Día Mundial da Arquitectura o alumnado de Aula D asisteu ao paseo sketching organizado polo Colexio de Arquitectos de Vigo (COAG) percorrendo o tramo do Río Lagares comprendido entre a Rotonda de Citroen en S. Andres de Comesaña e o Parque de Castrelos..

Durante o percorrido, os asistentes acompañados polo Presidente do Colexio de Arquitectos Antonio Davila e os organizadores Marta Vilas, Rai Iglesias, Iria Sobrino e Pablo Castro, comprobaron de primeira man como neste tramo o canle do río foi modificado e encaixado nunha ribeira de formigón co gallo do mundial de  futbol celebrado no ano 1982.

Xa pola tarde na sede do Colexio de Arquitectos de Vigo, desenvolvéronse dous relatorios, o primeiro a cargo da representante da Oficina Técnica da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo Belén González que  fixo unha exposición das posibilidades que ofrece o marco do PXOM aprobado no 2008. O segundo por Iria Sobrino e Anxo de la Puente baixo o lema Xogo Limpo reflexionando sobre o conxunto de circunstancias que atinxen ao río ao longo do seu percorrido e aportando opinións de expertos e presidentes de asociacións de veciños afectadas.

Etiquetado en:
 

O pasado mes de outubro, fixemos unha nova incursión no Casco Vello da nosa cidade, esta vez no Barrio Baixo, para visitar A Casa Arines; esta foi declarada monumento histórico artístico no ano 1946, e rehabilitada polo arquitecto Alfonso Penela no ano 1997 xunto coa Casa de Pazos Figueroa e unha terceira, na parte posterior con fachada á rúa Real, merecendo o seu proxecto o premio Hermanos Gomez Román. Posteriormente foi cedida por 99 anos ao goberno portugués para albergar o Instituto Camôens, que ten como misión a proxección da cultura portuguesa nos demais países.

O proxecto de rehabilitación foi merecedor do premio de arquitectura Hermanos Gomez Román.

A Casa Arines, coñecida tamén como Casa Ceta, é o edificio máis antigo de Vigo e está situada na Praza de Almeida, no barrio histórico da cidade. Trátase dun pazo urbano do século XV de estilo gótico tardío. É un torreón medieval construído con sillares de pedra. Na súa fachada aparecen dous escudos, un deles coas armas da familia Ceta e o outro non identificado con dous leóns.

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.