«Cociñando ao pé da letra»: entrevistamos a Andrea Costas sobre o seu libro con Yolanda Castaño

Hai uns días asistimos á charla-coloquio onde Andrea Costas, fotógrafa e profesora da escola, falounos da xestación e produción do seu libro «Cociñando ao pé da letra». Xunto a ela estaba Iria Sobrino, tamén profesora de Aula D e arquitecta no estudo noncommon de Vigo, que realizou o deseño e a maquetación do mesmo.
Seguir leyendo ««Cociñando ao pé da letra»: entrevistamos a Andrea Costas sobre o seu libro con Yolanda Castaño»

Concurso Internacional Cosentino Design Challenge 2012


O Grupo Cosentino abriu o prazo de presentación de proxectos para a VI edición do Concurso Internacional Cosentino Design Challege2012 nas súas dúas categorías: arquitectura e deseño.
A finalidade do concurso é promover entre os estudantes a investigación sobre distintas formulacións conceptuais en torno á configuración de espazos, aos materiais e sistemas construtivos que os definen, a través da experimentación con produtos da empresa Cosentino partindo sempre do respecto ao medioambiente e da posibilidade de reutilizar materiais.
O certame, dirixido a estudantes matriculados no curso académico 2011/12 en todas as Escolas Superiores de Deseño ou Arquitectura de Interiores, propón deseñar un prato de ducha integrado nun baño deseñado dende unha formulación conceptual e empregando materiais Silestone ou Eco propios do grupo Cosentino (no apartado de deseño) e, por outra parte, o deseño ou rehabilitación do vestíbulo dun hotel a partir de pezas de gran formato e tamén da marca (no apartado de arquitectura).

:::Premios:::
Establécense, para cada unha das dúas categorías (CDC Arquitectura e CDC Deseño):
TRES PRIMEIROS PREMIOS, TRES ACCÉSITS e Mencións Especiais.

Cada un dos SEIS PRIMEIROS PREMIOS estará dotado con 1.000 €. A concesión de Mencións Especiais quedará a criterio do Xurado.

As categorías que se establecen nos primeiros premios son as seguintes:
. A investigación sobre a experiencia espacial do ámbito do prato de ducha.
. A creatividade nas propostas de deseño do elemento prato de ducha.
. A adecuación á idea do proxecto das capacidades expresivas dos materiais e produtos da marca Cosentino. Así como as novas propostas sobre materiais, acabados, aplicacións, etc. que puidesen xerarse.

Non é necesaria inscrición previa, e o período de recepción de proxectos finaliza ás 20,00 horas do día 1 de Xuño de 2012. As bases poden ser consultadas e descargadas neste link.

CDAV (Centro de Documentación de Arquitectura de Vigo): proxecto final P.D.O. por Sandra González Villanueva

CDAV: centro de documentación de arquitectura de vigo

CDAV é uns dosProxectos Finais do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , realizado por Sandra González Villanueva; e que obtivo a mención de Matrícula de Honra na súa promoción no ano 2009. A continuación, exponse un breve resumo do mesmo acompañado dunha pequena galería de imaxes onde se pode comprobar o traballo desta alumna que, ao día de hoxe, encóntrase na escola cursando o Ciclo Formativo de Grao Superior de Gráfica Publicitaria. Seguir leyendo «CDAV (Centro de Documentación de Arquitectura de Vigo): proxecto final P.D.O. por Sandra González Villanueva»

Corta | Prega: charla-coloquio e exposición de Susana e Pedro Román

“O vello Michael e Gerrit falaban con Vincent, o máis novo. Os dous primeiros sentados, Vincet de pé apoiado na parede. Nós no chan doutro lado da porta, agochados no corredor, escoitando como nenos a conversa dos seus pais. O primeiro curvaba una vara vara eo segundo falaba dun tal Piet mentras xogaba coas cores vermella, amarela e azul. O máis novo, que sabia moi ben do que falaban, pregaba un anaco de papel.Thonet, Rietveld e o máis novo, Martínez, despedíronse e nós liscamos.

Era polo mes de marzo e chegaron os tempos do papel e a tesoira”

Corta | Prega: charla-coloquio e exposición de Susana e Pedro Román

Con este pequeno texto, os interioristas Susana e Pedro Román, preséntannos «Corta | Prega», unha liña de moblaxe deseñada sobre chapas de aceiro. Seguir leyendo «Corta | Prega: charla-coloquio e exposición de Susana e Pedro Román»

Historia da Imaxe Gráfica en 21 alumnos

Historia da Imaxe Gráfica en 21 alumnos
Baixo este título, Claudia Silva, Xulia Veiga e Noelia Estévez fan a súa particular proposta de orla para a Promoción 2010/12 de Gráfica Publicitaria en Aula D.
Segundo comentan as autoras do proxecto, non é máis ca unha creativa presentación para futuros creativos. A través da recreación de diferentes iconos representativos da arte, o deseño e a fotografía realizan unha serie de meticulosas e excelentes interpretacións caracterizando aos alumnos/as en función da súa personalidade, das súas inquedanzas ou gustos estéticos, construindo así unha ficción cuxa función é deixar unha pegada divertida e intelixente do paso destas persoas pola escola.

Para ver algunhas das imaxes así como a orla completa, véxase:

http://issuu.com/aulad/docs/historia

http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629356280901/

Abrir publicación

MAD 2012: xornadas de deseño e creatividade

O 13 e o 14 de abril celébrase en Madrid o sétimo evento internacional MADinSpain, que reune aos mellores estudos de deseño, axencias de publicidade e creativos de todo o mundo.
O cartel aínda non está pechado, pero xa se confirmou a presenza de Cuban Council (creadores entre outros dos logotipos de Facebook e Evernote), Stefan Sagmeister (creador de, por exemplo, as portadas do Ecstasy de Lou Reed ou o da Bridges to babylon dos afamados Rolling Stones) e Nando Costa (que conta con Nike, Apple ou Microsoft na súa carteira de clientes).
Este evento anual está organizado por Domestika, unha web onde diferentes creativos de todo o mundo comparten as súas obras e interaccionan entre eles xerando tamén ofertas de emprego.

vía | MADinSpain

Espacio Nido: o primeiro espazo de coworking na cidade de Vigo


O 25 de Febreiro Espacio nido comezou a súa andaina, na Rúa Manuel Núñez nº35 en Vigo, cunha xornada de portas abertas onde Noemí Díaz Patiño, antiga alumna de aula D e cabeza visible desta iniciativa, deu a coñecer as instalacións do primeiro espazo de coworking na cidade.

Espacio nido conta con tódalas vantaxes dunha grande empresa (sala de reunións con proxector, office con neveira, servizos de teléfono fixo, internet e fax, etc) a un prezo alcanzable para todos os bolsillos e coa vantaxe de que permite o intercambio de visións e ideas entre diferentes profesionais, fomentando así o traballo creativo e colaborador.

Os interesados poden contactar a través do correo: espacionido@gmail.com

vía | itrynottothink

Abrir publicación

Charla-coloquio: «Cociñando ao pé da letra» con Andrea Costas e noncommon

Este martes 28 de febreiro ás 12 horas, terá lugar unha charla-coloquio impartida por noncommon, estudo de arquitectura e comunicación vigués de Rai Iglesias (brand editor) e Iria Sobrino (arquitecta e profesora de aulaD), xunto con Andrea Costas (fotógrafa e tamén profesora da nosa escola).
Cociñando ao pé da letra é o título que dá nome ao libro nacido da man de Andrea Costas e Yolanda Castaño e publicado pola Editorial Galaxia, onde, a través de escritores galegos como Fina Casalderrey, Candido Pazó, Carmen Blanco, Agustín Fernández Paz e ata 21 autores e autoras máis, se xeran unha serie «receitas literarias» un tanto difíciles de catalogar, pois non se trata dun libro de cociña ao uso nin tampouco dun receitario común, senón que nel pódense atopar as diferentes vivencias culinarias dos protagonistas da obra vistas dende un punto de vista moi creativo, poético e innovador.

Lugar: aulaD, escola de artes e deseño
Hora: 12:00
Entrada libre

Exposición colectiva do alumnado que cursa o primeiro ano do Ciclo de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración e Gráfica Publicitaria.

Exposición colectiva do alumnado do primeiro curso de Deseño de Interiores e Gráfica Publicitaria
Dende o Xoves 16 de Febreiro ata o 2 de Marzo, estarán expostos no espazo polivalente de Aula D algúns dos traballos do alumnado que cursa o primeiro ano dos Ciclos Formativos de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de decoración e Gráfica Publicitaria.
Unha selección que pasa por ilustracións sobre papel, colaxes, móbiles colgantes, deseños de gráfica para bricks, cartelería, etc
Unha interesante e moi completa mostra do traballo realizado polos alumnos que cursan o primeiro ano na escola.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629349197731/

Abrir publicación

Londres 2012: doce artistas británicos deseñan doce carteis promocionais para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos

A Tate Gallery de Londres foi a elixida para a presentación pública dos doce carteis oficiais (seis para os Xogos Olímpicos e outros seis para os Paralímpicos) dos XXOO de Londres 2012 que foron realizados polos artistas británicos máis afamados do momento.
Segundo a Organización (LOCOG) e o Comité de Expertos (entre o que se encontra Nicholas Serota, director da Tate Gallery) que fixeron a selección das obras, foron elixidos todos aqueles traballos que conseguiron representar o espírito olímpico á vez que o talento artístico do país onde se celebran, Reino Unido.
A través de internet ou nas tendas oficiais, xa se pode comprar algún dos carteis así como unha serie limitada de gravados das obras orixinais.

vía | experimenta

Navegación de entradas

1 2 3 26 27 28 29 30 31
Volver arriba