Estás vendo o arquivo da categoría "INTERIORES"

 

logo

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu recentemente convocar (como o ano pasado) para o mes de setembro a celebración das probas específicas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2017/18, que son de interese para os ciclos superiores que ofertamos, de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

As datas relevantes desta Resolución son:

  • Data límite de Inscrición: 8 de setembro
  • Proba específica: 12 de setembro
 

O pasado martes 6 de xuño o alumnado de Deseño de Interiores visitou as instalacións comerciais de Sirvent, en Gran Vía, 129 en VIGO.

Dende os inicios dos anos `80, Sirvent comeza a comercialización e venta de moblaxe elexido cun claro criterio contemporáneo e de autor, na que se inclúen todos os clásicos do movemento moderno, seguindo claramente a estela marcada pola escola da Bauhaus.

A empresa desenvolveu unha serie de proxectos, sempre coa intención de divulgar a cultura mirando ao deseño como eixe central; a primeira mostra na península do mobiliario de Zanotta, os mobles de Salvador Dalí, os traballos de Afra e Tobia Scarpa, o mobiliario de Cassina, … En 2005 Sirvent trasladouse as súas instalacións actuais.

Durante a visita, Juan Sirvent fixo un percorrido comentado polas pezas de algúns grandes deseñadores como Le Corbusier, Alvar Aalto, Charles e Ray Eames, Verner Panton, Eero Saarinen, Memphis, Philippe Starck, e moitos outros.

Grazas Juan.

 
O venres 9 de xuño saiu publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2017/18.
Dita resolución regula a inscrición para acceder aos ciclos formativos de Grao Superior que impartimos en Aula D: Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.
  • Período de inscrición : do 12 ao 20 de xuño
  • Proba de madureza : 29 de xuño
  • Proba específica : 7 de xullo
En Aula D facemos un Curso Preparatorio (opcional) para superar a Proba Específica dende o 19 ata o 30 de xuño en horario de 10.00 a 14.00h.
 

Nos últimos tempos a tecnoloxía 3d e os sistemas de realidade virtual sufriron un espectacular avance que permíte aos usuarios ter unha experiencia inmersiva nunca antes vista. Pouco a pouco as diferentes industrias están incorporando estas tecnoloxías aos seus procesos de producción e, deste xeito, non resulta extraño atopar modelos de realidade virtual aplicados á arquitectura, o interiorismo, o deseño de vehículos, a medicina e, por suposto, ao ocio, lugar común onde ata agora era máis doado ter contacto con esta disciplina.

Aquelas/es interesados en probar a simulación inmersiva nun espazo 3d podedes achegarvos entre os días 5 e 7 de maio ao Ifevi, onde se celebra o Salón da Construcción de Galicia, SICO, e no que estará presente a empresa viguesa EvasiónVR. No seu stand será posible facer unha visita virtual a diferentes espazos e experimentar as últimas novidades desta tecnoloxía.

Las gafas de realidad virtual HTC VIVE permiten una visión completa del entorno sin efecto mareo, gracias a sus sistema de sensores láser que le da una precisión milimétrica a todos nuestros movimientos en el mundo virtual. Poder agacharse y ver desde cualquier ángulo un objeto no representa ningún problema con estas gafas.
Los mandos nos permiten manipular elementos del entorno virtual como el color y disposición del mobiliario, también sirven para desplazarnos teletransportarnos a otra ubicación ya que el entorno virtual no necesariamente tiene que tener las mismas dimensiones del mundo físico, pudiendo estar en una área real de 4×4 metros pero el entorno virtual de un apartamento completo de 200 metros cuadrados o un chalet de varias plantas.

Etiquetado en:
 

Calendario dos cursiños impartidos en AulaD para o 2º trimestre de 2017:

 

Curso de Reforma Interior de Vivendas

30 horas lectivas luns e xoves dende o 20 de abril

 

Curso de Ilustración e Banda Deseñada

42 horas lectivas luns e mércores dende o 15 de maio

 

Curso de Impresión 3D

20 horas lectivas venres e sábado dende o 19 de maio

 

Curso Preparatorio das Probas de Acceso

40 horas lectivas de luns a venres dende o 19 de xuño

 

 

A partires do 20 de abril e durante cinco semanas impartiremos o novo Curso de Reforma Interior de Vivendas.

O horario será os luns e xoves de 18.00h a 21.00h.
O curso estructúrase en catro bloques:
1. A vivenda, reflexións iniciais.
2. A representación do espazo.
3. Construcción e instalacións.
4. Proxecto de reforma.
Xa podes facer a túa reserva de praza.
cartel-curso-vivenda2017
 

A Xunta de Galicia acaba de publicar no DOG Núm. 239 a relación de premiados correspondentes ao curso 2015/16 nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e artes plásticas e deseño.

Nos congratula enormemente constatar que foi premiada no apartado de artes plásticas e deseño a nosa exalumna Fátima Freijomil Lorenzo que fixo o seu proxecto final sobre o Centro de Documentación de Arquitectura de Vigo e do cal vemos unhas imaxes.

Parabéns Fátima.

 

O alumnado de segundo curso de Deseño de Interiores visitou hoxe as instalacións de Quality Leds na rúa Romil, 28 en Vigo, onde verificou as vantaxes da iluminación con tecnoloxía LED (tamén o futuro próximo coa tecnoloxía OLED) e exemplos de aplicación nos seus derradeiros proxectos luminotécnicos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Grazas a Marga Bugarín e a Borja Martínez polo seu tempo e adicación.

 

 

 

cabeceras-cide-2016O luns 3 de outubro dará comezo o Curso de Introdución ao Deseño (CIDE). As clases impartiránse os luns, mércores e venres en horario de 18.00 a 21.00h.

A superación do CIDE da acceso ás titulación propias de Aula D (Deseño Editorial e Arquitectura Efémera). O prazo de matrícula estará aberto ata o xoves 29.

Máis info en: http://aulad.com/cursos/cide/

 

 

Aula D amplía a súa oferta educativa para o vindeiro curso 2016/2017.

Asemade dos xa coñecidos Ciclos Formativos de Grao Superior de Deseño de Interiores, e Comunicación Gráfica e Audiovisual, este ano poñemos en marcha as titulacións propias de Deseño Editorial e Arquitectura Efémera. Estes estudios terán lugar entre os meses de outubro a marzo, en horario de tarde, na procura de poder compatibilizalos con outros traballos ou actividades. Non é preciso ningún requisito académico previo nin facer ningunha proba de acceso.

 

editorial

 

efemera

 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.