Estás vendo o arquivo da categoría "GRÁFICO"

ESPECIALIZACION-1000

Os días 14 e 15 de xaneiro de 2019 dan comezo os nosos Cursos de Especialización, homologados pola Xunta de Galicia con 3 créditos ECTS.

Os Cursos de Especialización impártense en horario de 18.00h á 21.00h, dous días á semana para un total de 54 horas lectivas. Os contidos teóricos compleméntanse co manexo de programas informáticos específicos e máis a elaboración dun proxecto concreto.

Deseño Web

Deseño Editorial

Ilustración e Banda Deseñada

Deseño de Espazos Expositivos

 

Reportaxe do Xornal de Vigo o 15 de setembro de 2018

http://xornaldevigo.gal/cultura/10475-inauguradas-as-novas-instalacions-da-escola-de-deseno-aula-d/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook
 

logo

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de convocar para o mes de setembro a celebración das probas específicas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2018/19, que son de interese para os ciclos superiores que ofertamos, de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

As datas relevantes desta Resolución son:

  • Data límite de Inscrición: venres 7 de setembro
  • Proba específica: martes 11 de setembro
 

logo-dirio-oficial-Galicia

Xa saiu publicada no DOG a resolución que regula o acceso aos ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño para o vindeiro curso. As datas de interese son:

  • Inscrición : ata o 25 de xuño
  • Proba de madureza : 3 de xullo
  • Proba específica : 10 de xullo

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018/19.

 

cabeceras-cide-2016

O vindeiro luns 6 de novembro dará comezo o CIDE, Curso de Introdución ao Deseño que impartimos unha vez ao ano, para aquelas persoas que queren iniciar a súa andaina no eido do deseño.

É especialmente interesante para persoas que teñan pensado iniciar estudos afíns (deseño gráfico, deseño de interiores, belas artes, arquitectura, delineación, etc) ou realizar os nosos Cursos de especialización (de 3 créditos ECTS) de Ilustración e Banda Deseñada, Deseño WebDeseño Editorial ou Deseño de Elementos e Espazos Expositivos.

O curso estrutúrase a partir dos seguintes bloques de contidos:

  • Arte e cultura contemporánea
  • Teoría da forma
  • Creatividade, metodoloxía e comunicación
  • Taller de Expresión plástica
  • Medios informáticos (Adobe Illustrator)
  • Proxectos

Durante o curso realizaremos un proxecto concreto usando unha metodoloxía que permita ao alumnado abordar deseños de calquera tipo.

Máis info en http://aulad.com/cursos/cide/

 

Alguns exemplos de proxectos realizados en cursos anteriores:

 

 

logo

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu recentemente convocar (como o ano pasado) para o mes de setembro a celebración das probas específicas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2017/18, que son de interese para os ciclos superiores que ofertamos, de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

As datas relevantes desta Resolución son:

  • Data límite de Inscrición: 8 de setembro
  • Proba específica: 12 de setembro
 
O venres 9 de xuño saiu publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2017/18.
Dita resolución regula a inscrición para acceder aos ciclos formativos de Grao Superior que impartimos en Aula D: Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.
  • Período de inscrición : do 12 ao 20 de xuño
  • Proba de madureza : 29 de xuño
  • Proba específica : 7 de xullo
En Aula D facemos un Curso Preparatorio (opcional) para superar a Proba Específica dende o 19 ata o 30 de xuño en horario de 10.00 a 14.00h.
 

O vindeiro luns 15 de maio dará comezo unha nova edición do Curso de Ilustración e Banda Deseñada en Aula D, os luns e os mércores de 18.00h a 21.00h, cun total de 42 horas lectivas.

Tanto a banda deseñada como o libro ilustrado, veñen experimentando unha importante presenza no ámbito editorial grazas aos novos autores que, nos últimos tempos, están a publicar os seus traballos, incluso máis alá das nosas fronteiras. Este curso ten como finalidade introducir ao alumnado nos coñecementos teórico-prácticos da ilustración e da banda deseñada.

cabeceras-curso-ilustracion

Máis info en http://aulad.com/cursos/ilustracion-e-banda-desenada/

 

Calendario dos cursiños impartidos en AulaD para o 2º trimestre de 2017:

 

Curso de Reforma Interior de Vivendas

30 horas lectivas luns e xoves dende o 20 de abril

 

Curso de Ilustración e Banda Deseñada

42 horas lectivas luns e mércores dende o 15 de maio

 

Curso de Impresión 3D

20 horas lectivas venres e sábado dende o 19 de maio

 

Curso Preparatorio das Probas de Acceso

40 horas lectivas de luns a venres dende o 19 de xuño

 

 

cabeceras-cide-2016O luns 3 de outubro dará comezo o Curso de Introdución ao Deseño (CIDE). As clases impartiránse os luns, mércores e venres en horario de 18.00 a 21.00h.

A superación do CIDE da acceso ás titulación propias de Aula D (Deseño Editorial e Arquitectura Efémera). O prazo de matrícula estará aberto ata o xoves 29.

Máis info en: http://aulad.com/cursos/cide/

 

 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.