Exposición «Teito-Pendentes» de Pedro Román

Dende o pasado 16 de Xaneiro, podemos gozar de «Teito-Pendentes», unha exposición de móbiles colgantes na que o interiorista e profesor de Aula D, Pedro Román, amósanos unha pequena mostra do seu traballo. Como complemento, tivemos a oportunidade de realizarllele a pequena entrevista que expoñemos a continuación, onde nos desvelou, en primeira persoa, algunhas cuestións en canto á realización, motivación, técnicas empregadas ou proxectos de futuro. Seguir leyendo «Exposición «Teito-Pendentes» de Pedro Román»

Kumi Yamashita: ‘The master of shadow’


Vídeo do Diálogo por Kumi Yamashita no ano 1999

Kumi Yamashita é unha artista xaponesa formada nos EUA cuxa fonte de inspiración e traballo se basea no tratamento e a manipulación da luz para xerar sombras realistas con obxectos, na súa maioría, en tres dimensións. A partir de conceptos aparentemente simples, a artista pon en dúbida o impredicible do que vemos ou esperamos ver e, por dicilo dalgún xeito, o que realmente é.


Para iso emprega elementos cotiáns que, combinados coa luz, e conectados entre sí son capaces de crear unha infinita variedade de perfís.
Actualmente vive en Nova York e conta con numerosas exposicións por todo o mundo. Para saber máis sobre a súa biografía, obra e traxectoria artística véxase:

http://kumiyamashita.com/

40 DOTS. 40 ARTISTAS

Tras sete anos de vida, o magazine de tendencias vigués, Dot Galicia, apostou por realizar unha exposición que estará composta por 40 obras de 40 artistas que foron publicadas na propia revista ao longo da súa historia e coas que se pretende representar a filosofía da publicación galega. Nela, poderemos atopar os traballos de diferentes autores, que abranguen dende o deseño gráfico, ata a pintura, ilustración ou fotografía así como actividades complementarias relacionadas co mundo do audiovisual e da música.
A mostra terá unha duración de catro días, sendo a inauguración o venres día 20 ás oito da tarde no «Halcón milenario», na rúa Cervantes, 18-1º, en Vigo. As obras poderán verse os días 20, 21, 27 e 28 de xaneiro en horario de 20:00 a 23:30.

Ingrid Siliakus: arquitectura de papel

Fai uns 10 anos a artista Ingrid Siliakus descubriu a Arquitectura Origámica da man do profesor Masahiro Chatani, do cal estudou a súa obra, quedando dende entón fascinada por esta disciplina; por mor disto, adicouse a investigar e crear pequenas obras arquitectónicas de gran detalle e de apariencia fráxil pero estructuralmente complexas.

As súas especialidades son os edificios dos maestros da arquitectura e as esculturas abstractas complexas, sendo os seus traballos próximos aos doutros artistas como Marivi Garrido, Takaaki Kiharo,  Keiko Nakazawa, ou o propio Masahiro Chatani.

Ademáis de múltiples exposicións, editou tamén un libro, que recolle parte do seu traballo, titulado From building to card.

Para saber máis sobre a súa obra e a Arquitectura Origámica véxase:
http://ingrid-siliakus.exto.org/
http://www.flickr.com/photos/paperarchitect/
http://members.ams.chello.nl/rebran/gebned.htm
http://members.ams.chello.nl/rebran/eschereng.htm


 

 

 

 

 

The Obliteration Room

Incríble instalación da artista xaponesa Yayoi Kusama na Gallery of Modern Art de Brisbane, Australia. A idea do proxecto baseouse en pór a disposición do público un espazo doméstico grande, branco e baleiro que poidese servir como lenzo de traballo ou espazo expresivo. Así, ao longo de dúas semanas, déronse milleiros de adhesivos -en forma de puntos de cor- aos visitantes máis pequenos, os nenos, e foron invitados a intervir libremente no espazo co suxerente resultado que podedes ver nas imaxes…

Abrir publicación

«Type in Motion» chega a España da man da Fundación Barrié de la Maza

A Fundación Barrié de la Maza acollerá nas súas instalacións de Vigo, entre o día 1 de decembro deste ano e o 1 de abril de 2012, “Type in Motion”, unha exposición comisariada por Andrés Janser que mostrará as últimas tendencias en tipografía animada aplicada aos campos do deseño, a publicidade, o cine ou incluso aos aspectos máis cotiáns da nosa vida.  Será posible ver casi 120 obras de máis de 80 diseñadores que foron cedidas directamente polo Museo del Diseño de Zúrich para esta exposición:

una selección de vídeos musicales, películas publicitarias, cortometrajes, trailers, tablones de anuncios electrónicos y fachadas mediales, postales digitales y logotipos de todo el planeta que nos introducen en un mundo de texto en movimiento, y descubren las tendencias más destacadas en este ámbito

Por outra parte, e en paralelo á exposición, se levarán a cabo actividades didácticas para os máis pequenos así como workshops para profesionais.

 

Navegación de entradas

1 2 3 4 5
Volver arriba