Cite de l’architecture & heritage : a arquitetura do papel.


Desde o xoves 11 de outubro e ata o mes de marzo do próximo ano 2013, celébrase en “cite de l’architecture & heritage” unha exposición que conta con cinco diseñadores que non só comparten un mesmo gusto pola luz senón que tamén empregan o papel como material que dá sentido á arquitectura. Temáticas coma o origami , cidades imaxinarias ou completamente xeométricas e icónicas están presentes en toda a mostra, que conta coa presenza de: Ingrid Siliakus, Beatrice Coron, Stephanie Beck, Mathilde Nivet e Peter Callesen.

vía | designboom

Bueno.Bonito.Barato.

O diseñador gráfico murciano Manuel Franco estreou en internet o seu documental Bueno.Bonito.Barato, ao redor duns 30 minutos onde se fala sobre a situación do deseño gráfico en Murcia e cuestionase a situación dos novos profesionais que se insiren no sector sen teres  a penas oportunidades.
Nel lévanse a cabo entrevistas con diferentes creativos que exercen na cidade: Jorge Martínez (Germinal), Severo Almansa (freelance), Juan Mercador (profesor da ESD), Diego Lizán (Sr. Azul), Paco López Espín (freelance) e Ángeles Madrid e Javier Jiménez (Mentedementa) abordando temas como o intrusismo profesional ou a formación da figura do deseñador.

BUENO. BONITO. BARATO from Manuel Franco on Vimeo.

vía | cosasvisuales

Coloquio e xuntanza co gallo da Semana da Saúde Mental-12

DOA: Exposición “Outras miradas 2″
Ó fío da exposición Outras miradas 2, e iniciando a xornada adicada á saúde mental, tivo lugar a charla-coloquio baixo o título Saúde mental e expresión artística, para rematar cunha xuntanza realizada o mesmo 3 de setembro, co gallo da celebración da Semana da saúde mental que se celabrará a vindeira semana.
Na conferencia, tivemos o pracer de contar coa colaboración de Marcos Mallo e Pilar Fernández, psicólogo e mestra de taller respectivamente da Asociación DOA. Nela, fíxose un pequeno repaso sobre que é unha enfermidade mental, así como os tipos máis comúns, causas, factores precipitantes, mitos e algúns comportamentos para saber como detectar e actuar diante unha enfermidade destas características.
Así mesmo, fíxose un pequeno repaso á historia da entidade, tratando de explicar as diferentes actividades e talleres que alí se imparten. Seguir leyendo «Coloquio e xuntanza co gallo da Semana da Saúde Mental-12»

Abrir publicación

DOA: Exposición «Outras miradas 2»

Hoxe, 25 de setembro, teremos a primeira das mostras propostas para este novo ano lectivo 2012/2013. Nesta ocasión, a exposición consistirá en amosar os diferentes retratos realizados nos abradoiros da Asociación de Axuda ao enfermo Mental DOA (Vigo e Cangas) mediante a técnica da colaxe. Seguir leyendo «DOA: Exposición «Outras miradas 2»»

Remate da exposición Colectiva´12

Colectiva´12: exposición conxunta do alumnado dos Ciclos Superiores de Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración

Colectiva´12, como xa vimos en entradas anteriores, é un proxecto expositivo que trata de mostrar algúns dos traballos do alumnado pertencentes ao curso 2011/12 e que se encontra dentro do programa de diferentes charlas e mostras propostas por Aulad, escola de Artes Plásticas e Deseño, o pasado curso lectivo.
Tras a súa inauguración no mes de xullo, darase por finalizada este Venres 21 de Setembro, abrindo así un novo ciclo de conferencias e mostras de cara ao novo ano lectivo.

 

Para ver tódalas imaxes desta exposición, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630558353720/

Land Art : proposta de intervención no medio rural por Úrsula Cancelas Pequeño

Lan Art por Úrsula Cancelas Pequeño

Para o desenvolvemento do traballo relacionado co Land Art centreime na idea de levar a cabo unha serie de pequenas «esculturas» dispostas no bosque. Éstas están construídas a base de pedras do propio ámbito que se sosteñen en equilibrio pola súa composición de xeito gradual (de máis grandes a máis pequenas). A miña intención era que nos recordasen a eses monumentos megalíticos como son os dolmens, os menhires, etc… que tiñan un significado relacionado coa terra, coa alma, etc…incluso algúns funcionaban coma tumbas ou como marca dun lugar de culto. A súa escala adoitaba ser de gran tamaño ou mesmo monumental como os Crommlech ou as estatuas da Illa de Pascua.
Polo tanto, o que pretendía era crear un bosque de pedras a pequena escala e onde a man do home está presente pero sen alterar de ningún xeito a natureza.
Esta intervención xogaría o papel de sorprender a aquel que pasase polo lugar, facéndose todo tipo de preguntas como quen o fixo? que significa? porque están así colocadas?…

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

Land Art : proposta de intervención no medio rural por Miguel Cerqueiro Díaz

Land Art por  Miguel Cerqueiro Díaz

1. TRABALLO A REALIZAR
O exercicio proposto consiste en realizar unha intervención nun ámbito natural utilizando o marco e os seus propios materiais.
2. LAND ART
O Land art é unha tendencia da arte contemporánea que utiliza o medio e os seus elementos (madeira, terra, pedras, area, rochas, lume, auga, etc.). Esta expresión inglesa traduciuse tamén como «arte da construción da paisaxe» ou «arte terrestre». Xeralmente, as obras atópanse no exterior, expostas ós elementos, e sometidas á erosión natural; así pois, algunhas desapareceron, quedando delas só o recordo fotográfico. As primeiras obras realizáronse nas paisaxes desérticas do Oeste estadounidese a finais dos anos sesenta. As obras máis impoñentes, realizadas con equipamentos de construción como escavadoras, se chaman earthworks, (palabra que pode traducirse como escavacións, aterramentos ou desmontes). A súa finalidade é producir emocións plásticas no espectador que se enfronta a unha paisaxe determinada. O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións ó observador. Preténdese reflectir a relación entre o home e a terra, o medio e o mundo, expresando ó mesmo tempo a dor, debido ó deterioro ambiental do clima que existe hoxe en día. O principal é a interacción do humano-­artista co medio.
3. FASE DE ANÁLISE
Unha das grandes referencias durante a fase de análise para concretar o proxecto foi o análise da obra de Andy Goldsworthy, artista que traballa coa levidade, nas súas pezas vemos o movemento e cambios que vai mostrando co paso do tempo, el mira todas as súas creacións como temporais, a súa materia son obxectos comúns na natureza, pero en realidade no trasfondo traballa co vento, a luz, o tempo, onde máis que buscar a perfección do obxeto, nos mostra a enerxía e vida que teñen cada un deles. A visualización do documental Ríos e Mareas, no cal, vemos o artista traballando co efémero, en condicións duras e de grande introspección, foi dun grande impacto persoal. O artista mimetizase co natural, entra en diálogo co medio e o seu trato é dunha gran delicadeza e respecto. Móstranos o fráxil do ámbito, pero tamén incide no inmenso poder da natureza e faceta cambiante, o medio flúe e os seus seres modélano.
4. ANÁLISE DO ÁMBITO
Fase consistente no análise do ámbito natural e de posibles elementos a utilizar.
5. INTENCIÓNS. AS FORMAS XEOMÉTRICAS.
Xeometría vén do grego xeo = terra e de metrón = medida. É dicir, é a ciencias que estuda a medida da Terra. En definitiva, a exploración do mundo exterior. A xeometría sempre estivo presente no arte, aínda que non foi ata o século XX cando se teorizou máis a fondo sobre o seu uso. Nas primeiras décadas estivo intimamente ligada ós conceptos de abstracción e modernidade. Mediante a utilización de elementos naturais, xero unha serie de figuras xeométricas, as súas formas, e o lugar onde son colocadas xogan tamén co absurdo, pomelos en piñeiros, un río de pomelos, pomelos en erupción saíndo dunha rocha, piñas con bifurcacións simulando un río ou piramides de piñas amontoadas

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

Abrir publicación

Xuventude Crea 2012: aberto o prazo de presentación do concurso da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Un ano máis, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado levará a cabo o Programa Xuventude Crea, que lle permitirá ós galeg@s e residentes na comunidade que sexan menores de trinta (cumpridos no ano 2012), presentar as súas obras a concurso nas seguintes modalidades:

• Teatro
• Artes plásticas
• Música
• Relato breve
• Poesía
• Videocreación
• Banda deseñada
• Graffiti
• Carteis
• Deseño de xoias
• Monólogos

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2012, especificándose tres premios de 3000, 1500 e 1000 € por cada unha das especialidades. Os interesados/as, poderán acceder ás bases dende aquí.

# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola

Equilibrio / Imposible
Vivimos nun mundo funcional onde os espazos e os obxectos posúen unha utilidade feita á medida das nosas necesidades; todo iso cun custo e moitas veces cun enorme impacto medioambiental a medio ou longo prazo.
O deseño, o funcionalismo e a produción industrial levan trazando un percorrido paralelo – fundamentalmente dende a Bauhaus- alentado polo constante e precipitado desenvolvemento da ciencia a a tecnoloxía neste último século, sendo o funcional algo necesario aínda que, en moitos casos, insuficiente como ferramenta expresiva. Por outra banda, compre ter en conta esa especial relación que, dende as vangardas históricas, leva existindo entre a Arte e o Deseño, onde cadaquén é capaz de mirar ao outro para nutrirse e medrar coas novas propostas mantendo, eso sí, a súa individualidade como disciplina.

Tendo isto  como alicerce, nos últimos días do mes de Decembro, propúxose pois, reutilizar un espazo determinado da escola, aproveitando tanto o colector (a aula) como o contido (mobiliario) para, a partires de dous termos repartidos ao azar, xerar unha instalación que fose capaz de transmitir e comunicar a suma de ámbolos conceptos sen que o resultado final fose un “produto funcional”; é dicir, non se trataba tanto de realizar un traballo comercial senón de facer unha proposta aberta, chea de significado e expresiva; construir un espazo onde se potencien as percepcións, sensacións e emocións do usuario cando a experimente. Seguir leyendo «# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola»

Abrir publicación

New Babylon: unha cidade situacionista

O Venres 27 de Xaneiro contamos coa presenza da Arquitecta Marta Vilas Rodríguez, que veu a Aula D para impartir unha interesante charla-coloquio baixo o título: «New Babylon: unha cidade situacionista».
New Babylon é unha cidade nómade estruturada sobre plataformas móbiles proposta polo artista Constant entre os anos 50 e 70. O proxecto, situado na vertente máis arquitectónica do grupo de Vangarda «A Internacional Situacionista» resulta moi interesante (segundo comentan Marta Vilas e Xerardo Pérez- Arquitecto e profesor na nosa escola) debido a que é bastante complicado de toparmonos con el nos libros de Historia da Arquitectura Moderna. Trata sobre a organización nas cidades, onde se propoñen diversas alternativas a un urbanismo moi racionalista propio da época e cuxa máxima foi sempre buscar que o ser humano mellorase a súa calidade de vida .

Seguir leyendo «New Babylon: unha cidade situacionista»

Navegación de entradas

1 2 3 4 5
Volver arriba