Estás vendo o arquivo da categoría "ARTE"

O xoves 13 de decembro ás 9.30h terá lugar nas instalacións de Aula D en r/Elduayen, 36 planta -1, o pase da película documental Cuna de Músicos que fai un repaso á música feita en Vigo nos últimos 40 anos.

Contaremos coa presencia dos realizadores, Pablo Vázquez e Denis Carballás, cos que teremos un pequeno coloquio.

https://www.facebook.com/cunademusicos/

 

ESPECIALIZACION-1000

Os días 14 e 15 de xaneiro de 2019 dan comezo os nosos Cursos de Especialización, homologados pola Xunta de Galicia con 3 créditos ECTS.

Os Cursos de Especialización impártense en horario de 18.00h á 21.00h, dous días á semana para un total de 54 horas lectivas. Os contidos teóricos compleméntanse co manexo de programas informáticos específicos e máis a elaboración dun proxecto concreto.

Deseño Web

Deseño Editorial

Ilustración e Banda Deseñada

Deseño de Espazos Expositivos

 

20180521_134025-b

O alumnado de Gráfica Publicitaria asistiu onte á exposición A Arte no Cómic, aberta ata o 30 de xuño na Sede de Afundación, en Vigo, na que da man do seu comisario, o historiador Asier Mensuro, puidemos participar dun percorrido polas claves que vinculan estas dúas disciplinas, Arte e Banda Deseñada.
Cun total de 73 debuxantes e artistas a exposición mostra, entre outras, obras do Museo Louvre; do Museo Nacional del Prado, ou do Museo Thyssen-Bornemisza, con pezas inéditas que se poden ver por primeira vez neste proxecto e organizadas en tres bloques. No primeiro trátase a relación entre os grandes centros artísticos e o cómic; o segundo está adicado ós creadores galegos, como Miguelanxo Prado ou Jacobo Fernández Serrano, entre outros; e o terceiro e último centrado na inclusión dentro da viñeta das grandes obras da pintura universal.

Queremos dar as grazas á organización pola súa invitación, ó comisario Asier Mensuro pola súa implicación co grupo, e a asistente de sala (e querida exalumna) Claudia Silva por recibirnos tan amablemente.

Etiquetado en:
 

Mañá mércores 28 de febreiro terá lugar nas instalacións de Aula D unha conferencia a cargo de Alberto Montenegro, que xunto con Isabel Giménez é integrante de “AI JOYAS DE AUTOR” . proxecto de longa traxectoria que arrinca a principio da década dos oitenta. A xornada é de portas abertas, polo que estades todos invitados.

cartel joyas de autor.

“As xoias de Alberto Montenegro e de Isabel Jiménez, – AI, Joyas de Autor -, realizadas partindo dunha ampla selección de materiais preciosos – prata, ouro, diamantes e pedras preciosas -, son o resultado dun proceso artesanal, cada vez máis difícil de preservar na joyería actual, que dá a todas as súas creacións un carácter exclusivo, -unhas veces único, outras limitado a series numeradas -, pero sempre cun valor de obra de arte incomparable, que chega ao virtuosismo nas súas creacións escultóricas.
Un reducto de calidade e prestixio, no que se atopan en perfecta harmonía, a máis difícil e esmerada tradición artesanal das pezas feitas a man, co deseño máis vanguardista e elegante dos nosos días”.

Etiquetado en:
 

z-IMG_20171102_132812O pasado 2 de novembro o grupo formado polos alumnos de 1º e 2º curso do ciclo de Gráfica Publicitaria tivemos a oportunidade de visitar a exposición “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas” no Museo do Mar de Galicia. Nesta visita puidemos coñecer non só a historia e características desta icona da cultura galaico-portuguesa senón tamén o contexto sociocultural no que se enmarca a súa orixe.

Más de 50 piezas conforman esta exposición única, entre las que se incluyen pinturas, documentos, esculturas, obras en madera, elementos arqueológicos y obras de carácter sagrado y profano, entre otras.

Etiquetado en:
 

cabeceras-cide-2016

O vindeiro luns 6 de novembro dará comezo o CIDE, Curso de Introdución ao Deseño que impartimos unha vez ao ano, para aquelas persoas que queren iniciar a súa andaina no eido do deseño.

É especialmente interesante para persoas que teñan pensado iniciar estudos afíns (deseño gráfico, deseño de interiores, belas artes, arquitectura, delineación, etc) ou realizar os nosos Cursos de especialización (de 3 créditos ECTS) de Ilustración e Banda Deseñada, Deseño WebDeseño Editorial ou Deseño de Elementos e Espazos Expositivos.

O curso estrutúrase a partir dos seguintes bloques de contidos:

  • Arte e cultura contemporánea
  • Teoría da forma
  • Creatividade, metodoloxía e comunicación
  • Taller de Expresión plástica
  • Medios informáticos (Adobe Illustrator)
  • Proxectos

Durante o curso realizaremos un proxecto concreto usando unha metodoloxía que permita ao alumnado abordar deseños de calquera tipo.

Máis info en http://aulad.com/cursos/cide/

 

Alguns exemplos de proxectos realizados en cursos anteriores:

 

O pasado martes 6 de xuño o alumnado de Deseño de Interiores visitou as instalacións comerciais de Sirvent, en Gran Vía, 129 en VIGO.

Dende os inicios dos anos `80, Sirvent comeza a comercialización e venta de moblaxe elexido cun claro criterio contemporáneo e de autor, na que se inclúen todos os clásicos do movemento moderno, seguindo claramente a estela marcada pola escola da Bauhaus.

A empresa desenvolveu unha serie de proxectos, sempre coa intención de divulgar a cultura mirando ao deseño como eixe central; a primeira mostra na península do mobiliario de Zanotta, os mobles de Salvador Dalí, os traballos de Afra e Tobia Scarpa, o mobiliario de Cassina, … En 2005 Sirvent trasladouse as súas instalacións actuais.

Durante a visita, Juan Sirvent fixo un percorrido comentado polas pezas de algúns grandes deseñadores como Le Corbusier, Alvar Aalto, Charles e Ray Eames, Verner Panton, Eero Saarinen, Memphis, Philippe Starck, e moitos outros.

Grazas Juan.

 

O vindeiro luns 15 de maio dará comezo unha nova edición do Curso de Ilustración e Banda Deseñada en Aula D, os luns e os mércores de 18.00h a 21.00h, cun total de 42 horas lectivas.

Tanto a banda deseñada como o libro ilustrado, veñen experimentando unha importante presenza no ámbito editorial grazas aos novos autores que, nos últimos tempos, están a publicar os seus traballos, incluso máis alá das nosas fronteiras. Este curso ten como finalidade introducir ao alumnado nos coñecementos teórico-prácticos da ilustración e da banda deseñada.

cabeceras-curso-ilustracion

Máis info en http://aulad.com/cursos/ilustracion-e-banda-desenada/

 

cartel-miguel-baixa

 

O venres 21 de outubro ás 12.30h terá lugar en Aula D a inauguración da exposición de fotografía IDOMENI. CAMPO DE REFUGIADOS de Miguel Núñez, que ven a contarnos a súa experiencia na fronteira entre Grecia e Macedonia durante os meses de abril e maio deste ano.

“Fui para documentar y contar historias; para entender qué ocurre y por qué…y para difundir. Sabiendo que ya no son noticia -solo la emergencia vende periódicos- pero tanto yo como otros compañeros, que estuvimos muy cerca y les miramos a los ojos, tenemos la obligación de recordar que aún están ahí, en un limbo. Y no son invisibles. El fotoperiodismo es mas necesario que nunca pero el negocio del periodismo es el que está en crisis y mutando.”

Miguel Nuñez é fotografo freelance con aspiracions como documentalista. Ven do fotoperiodismo local onde traballou e colaborou en xornais como Faro de Vigo, Que , 20 minutos, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Galicia Confidencial, … Tamén colabora coa ONG Agareso.

Podes ver no seguinte enlace a entrevista da TVG que lle fixeron a Miguel Núñez recentemente en Aula D.

http://www.crtvg.es/informativos/conecemos-o-traballo-do-fotoxornalista-galego-miguel-nunez-a-traves-do-seu-proxecto-invisibles-2391470

 

Como exercicio transversal dos módulos de Teoría do Interiorismo e Debuxo e Cor, o alumnado de 1º do ciclo de Deseño de Interiores propuxeron unha serie de exercicios sobre ilusións ópticas dos que amosamos algunhas das imaxes do proceso dende puntos de vista aleatorios e do resultado final dende o punto de vista concreto, para xerar a ilusión óptica pretendida, e dicir, a percepción de algo que non existe como tal no espazo tridimensional.

Os traballos que amosamos están realizados por Lorena Figueirido e Manuel Solla, Ana Valcarcel e Alejandro Justo, Alba Martínez e Vanessa Leirós e Mara Costas e Nerea Álvarez.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Lorena y Manuel

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

 

ana alejandro

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

panel pedro

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

mara nerea

 

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.