Posts by: Sandra Tomé


Coworking Galego, é proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se propoñía definir a organización espacial e os aspectos estéticos dun espazo dado.

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 

A intervención pretende acondicionar o local para situar nel un espazo de traballo que atenda ao programa de necesidades exposto polo cliente. A premisa fundamental do proxecto reside no propio concepto no que se basea esta nova forma de traballo. O “coworking” nace en Estados Unidos durante a primeira década do século XXI, e supón unha nova alternativa para xente nova creativos que están buscando traballo, permite compartir oficina e fomenta relacións estables entre profesionáis de diferentes sectores que poden desembocar en relación cliente-proveedor.

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 

Daniel Garzee, como así se fai chamar, é un mozo fotógrafo afincado e nado en Vigo. A maior parte das súas creacións beben da moda e a arte, imaxes aparentemente sinxelas e delicadas cun grande atractivo visual que se enlazan entre si cunha estética romántica e íntima que o propio autor trata de explicármonos a continuación.

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 

Exposición colectiva dos traballos da asignatura de “Expresión Gráfica” 2012/13

AulaD mostra os traballos dalgúns dos seus alumnado do módulo de  Expresión Gráfica pertencentes ao curso escolar 2011/2012. Neles, podemos atoparnos con diferentes apreciacións e puntos de vista dunha mesma imaxe utilizando para a súa formalización distintos métodos manuais, dende o carbón ou acuarela ata a augada.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157632226315337/

Etiquetado en:
 


Premium. Belgian. Beer. Esas son as tres palabras que tiña que ter en conta Wonchan Lee (deseñador con sede en Australia) ao deseñar a gama para esta marca de cervexa. O obxectivo era diferenciar a marca e o packaging doutros competidores no mercado, así como comunicar con claridade e manter a identidade desta.

Premium Belgian Beer emprega unha paleta de cores bastante sobria durante todo o deseño que xunto coa cor da cervexa crea gran contraste, o que fai, entre outras cousas, que este packaging sexa tan vistoso. Por outra banda, empregáronse materiais para que o paquete sexa moito máis lixeiro que un convencional conseguindo tamén abaratar os custos e gastos de envío á hora de transportalo.

Vía | experimenta

 

Beach House I-5 é unha vivenda que foi deseñada por Vértice Arquitectos (un estudio de arquitectura que se atopa en Lima, Perú) e encóntrase situada na parcela 5 de Lomas del Mar, ao sur de Lima.

Os dous obxectivos principais para levar a cabo este proxecto foron o de aproveitar ao máximo a mellor vista ao mar e, á súa vez, o terreo. Deseñáronse dous volumes paralelos para alcanzar o primeiro obxectivo (ámbolos dous unidos por un eixo principal que remata nunha piscina con vistas á praia) e tamén algúns beiriles para sacarlle o máximo partido ao terreo.

Os materiais utilizados no proxecto foron pintura branca para as paredes, aceiro inoxidable, cristal morno e pedra de granito. A piscina está pechada por un vidro laminado de dobre cara o que fai posible visionar o mar como no resto da casa.

Vía | archdaily

Etiquetado en:
 

O vindeiro luns 26 de novembro ás 12:00 horas, en aulaD (Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño) contaremos coa presenza de Alberto González-Alegre que impartirá a charla coloquio O bosquexo do mundo. Unha exposición feita para o museo do MARCO, que se inaugurará o 18 de xaneiro de 2013, comisariada polo propio Alberto González-Alegre e Angel Cerviño.

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 

Ephemera é un proxecto final de carreira que, segundo explica o propio autor, Bogidar Mascareñas (deseñador gráfico recén licenciado en Elisava) rende culto á destrución mediante a relización de diferentes pósteres efémeros:

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 

Animography é unha tenda online que dispón dun amplo e variado catálogo de tipografías animadas enfocadas, principalmente, para creativos do mundo audiovisual.
Toda a mostraxe presentada ata o momento  levouse a cabo con Adobe After Effects, ofertando así diferentes e orixinais tipos de letra doadamente customizables e escalables sen que exista perda algunha da calidade.

Vía | artnau

Etiquetado en:
 

Dende o 29 de outubro e ata o 29 de novembro albergarase no espazo polivalente de aulaD, escola de deseño, a exposición itinerante pertencente ao Certamen Fotográfico do recoñecido fotógrafo galego Xurxo Lobato, que xa conta coa súa oitava edición. Nesta convocatoria participaron 500 obras de diferentes alumn@s de centros de ensinanza de toda Galicia, das que foron premiadas as seguintes:

Continuar lendo »

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.