Probas de acceso aos ciclos de grao superior. Curso 2019-2020

logo

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ven de convocar para o mes de xullo a celebración das probas específicas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2019-2020, que son de interese para os ciclos superiores que ofertamos, de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, (rúa da Virxe da Cerca, nº 32, Santiago de Compostela), nos días que se indican a seguir:


3 de xullo: proba de madureza

4 de xullo: publicación das cualificacións.
5 a 8 de xullo: reclamacións.


15 de xullo: proba específica para todas as familias profesionais

17 de xullo: publicación das cualificacións.
17 e 18 de xullo: reclamacións.

Para aquelas/es interesados en cursar estes estudos recoméndase contactar coa secretaría do centro para valorar a súa situación académica e, en tal caso, recibir información detallada sobre as características das probas e o procedemento a seguir para a súa realización.

Na escola realizamos, a comezos do mes de xullo, un curso preparatorio gratuito no que se imparten os contidos necesarios para a superación da proba específica.

Aula D, escola de deseño. Rúa Elduayen 36, -1
Teléfono 986 213 627
info@aulad.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba