Sí, voltamos ao centro. Despois de vinte anos no local da rúa Ourense, Aula D estrea novas instalacións na rúa Elduayen, 36 (edificio Asefal). O cambio de local farase efectivo a finais de xullo para dar comezo con toda normalidade no novo curso 2018/2019.

O edificio Asefal, deseñado polos arquitectos Tomás P. Lorente e Francisco Yáñez, foi unha das primeiras construccións feitas con estrutura de aceiro na cidade de Vigo, alá polos anos sesenta. Despois das obras de conservación da fachada realizadas neste ano luce agora en todo o seu esplendor.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O local de Aula D sitúase nas plantas -1 e -2 con acceso directo dende as escaleiras da Baixada ao Forte. Asemade conta cun itinerario accesible dende a rúa Elduayen para persoas con mobilidade reducida.

No pasado mes de marzo comezaron as obras de acondicionamento do local consistentes na adaptación da distribución espacial ás novas necesidades do uso  como centro de ensino (anos atrás o local estaba ocupado polas oficinas do catastro de Vigo). Asemade, mudouse a antiga carpintería exterior por unha carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e doble acristalamento. Foron renovadas todas as instalacións interiores (electricidade, fontanería, saneamento, ascensores…) para o total cumprimento da normativa vixente. Cabe destacar a instalación de ventilación, que conta cun sistema de recuperación de calor para garantir a eficiencia enerxética.

Xa en fase de acabados, as obras rematarán en poucas semanas. Sentimos as molestias que o traslado poidera ocasionar, pero paga a pena. A nova escola está chea de luz e con vistas á ría; en pleno casco vello e tan só a 100 metros da Porta do Sol.

Podes seguir o proceso en facebook e en instagram.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.