Como actividades co comezo do curso 17/18 no presente mes de outubro o alumnado de deseño de interiores, saiu á rúa para visitar Espacio Invisible, estudio do interiorista e deseñador de producto Juan Ares, recién instalado en Vigo na rúa Elduayen, perto do Paseo de Alfonso, logo dirixiuse ao taller de deseño e confección de indumentaria  La Canalla no que nos recibiron os modistos Patricia e Francisco acompañados da súa nai María, a terceira integrante do grupo.

Juan Ares e xa un referente como deseñador de interiores e de producto para o noso alumnado, dende a visita que realizamos ao seu estudio exposición en Boiro o curso pasado, para coñecer a súa liña de mobiliario “An Ocean Projects” e integrala nun dos proxectos realizados durante o pasado curso.

La Canalla, é outro referente para todos nos dende a  súa colaboración coa escola como invitada e protagonista das xornadas de creatividade transversal “cose unha casa habita unha prenda” levadas a cabo no mes de decembro do curso 14-15. Este ano os nosos alumnos estan a realizar un proxecto para tenda taller de indumentaria no que eles son os que en teoría realizan o encargo.

Ao remate da mañán xa no taller de La Canalla, tivemos a oportunidade de nos xuntar con todos eles, para falar de, desexo, coherencia, sostibilidade, reciclaxe, antideslocalización na producción  e outras cuestión que forman parte dos principios que rixen o seu traballo e os convirte en deseñadores comprometidos coa contemporaneidade.

Dar as grazas moi especialmente a María pola súa presenza, porque conversar con ela e  aprender do seu traballo, é sempre unha “clase maxistral”. Unha “lección de vida”.

Etiquetado en:
 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.