No ano 1995 publicábase o libro The end of print, adicado ao traballo do deseñador David Carson no que, dalgún xeito, parecía vaticinarse a fin do traballo gráfico impreso en favor da incipiente revolución dixital. Resulta evidente que aqueles agoiros non chegaron a cumplirse, aínda que é certo que a popularización -e a explosión- global do deseño gráfico viu da man de internet, medio a través do que accedemos diariamente a unha inxente cantidade de produtos gráficos publicados en todo o mundo.

Sen ánimo de restarlle valor a este útil medio dixital, aos que nos adicamos á comunicación visual resúltanos especialmente gratificante ver un bo traballo impreso, tocar o papel e percibir o rastro das tintas flotando no aire, algo que visto exclusivamente coa perspectiva dun presente dixitalizado parece relegar este deleite sensorial ben a unha especie de nostalxia analóxica, ben ao ámbito da artesanía (termo lamentablemente usado en ocasións cun caracter despectivo).

Para Tirso Sánchez Otaegui (San Sebastián, 1972) a parte implícita ao proceso de fabricación dun produto gráfico resulta esencial para a construción dunha linguaxe próxima ao público así como para a re-construcción do contexto urbán e cosmopolita que referencia nos seus traballos, da experiencia vital, das múltiples viaxes, da ida e da volta, da mestizaxe cultural, dos lugares e das súas iconas. Etiquetalo como artista, ilustrador, grafista, deseñador, serigrafista ou artesán é, a día de hoxe, máis un impedimento que unha necesidade para poder contemplar sen prexuizos o excelente traballo deste profesional (e dito sexa con orgullo, exalumno da nosa escola).

En un entorno saturado de imágenes digitales, donde impera el píxel y la resolución, donde las obras son reproducidas mediante máquinas de altísima tecnología, esta exposición pretende ser una voz para volver a los orígenes de la reproducción gráfica. Artesanía, esfuerzo y dedicación nos abren las puertas a la exploración, la creatividad y la realización personal, pero también a los errores y a inevitables frustraciones.

Nada como el olor a tinta fresca por la mañana.

Entre o 27 de marzo e o 2 de maio podedes achegarvos ata as nosas instalacións (Aula D, escola de deseño -Rúa Ourense 4, Vigo) e visitares a exposición Print isn´t dead, unha escolma de 25 serigrafías orixinais producidas por Tirso Sánchez Otaegui entre Vigo e Londres durante os dous últimos anos.
Lembrade que a escola permanecerá pechada en Semana Santa, do 10 ao 17 de abril.

Tamén teremos a oportunidade de escoitar de boca do autor as súas reflexións sobre a experiencia profesional e o proceso creativo nunha charla que terá lugar na escola o martes 4 de abril ás 11:15h. [ACTUALIZADO] 

No related content found.

Etiquetado en:
 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.