O venres 27 de maio tivo lugar no edificio do antigo Rectorado o acto de entrega de diplomas aos titulados dos ciclos de Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración de Aula D xunto co alumnado doutras especialidades e escolas da cidade (Escola de Xoiería do Atlántico, Goymar & Tex Moda, Air Hostess, Falcata e Ría de Vigo Golf).
Dende Aula D queremos expresar o noso agradecemento ao alcalde D. Abel Caballero e á concellala de Educacion Dª. Olga Alonso, aos organizadores, ás outras escolas participantes e, moi especialmente, aos nosos alumnos e alumnas quen, tras rematar os seus estudos demostran xa o seu talento día a día no ámbito laboral. Grazas a todos e todas!