Curso de fotografía ARGONAUTA

argonauta-2015

O curso Argonauta, inspiración en fotografía vai dirixido a todos aqueles profesionais e afeccionados que desexen profundizar no desenvolvemento dunha metodoloxía de traballo propia, así como na obtención de diferentes estratexias e recursos cos que afrontar tanto encargos comerciais como proxectos persoais.

A motivación, o estímulo ou a inspiración, ainda que non se constitúen como materiais tanxibles no momento de obter e construir a imaxe fotográfica son, sen xénero de dúbidas, os elementos que marcan a diferencia entre un traballo excelente e outro simplemente correcto, máis aló da técnica.

Deste xeito o proxecto educativo Argonauta pretende motivar, estimular e inspirar aos fotógrafos asistentes para desenvolver un proxecto fotográfico propio a través de catro elementos:

1 – Revisión de traballos fotográficos excepcionais.

2 – Proposta fotográfica no primeiro momento para desenvolver na primeira xornada do taller.

3 – Revisión e discusión especializada sobre os traballos feitos nesa primeira xornada.

4 – Encargo posterior dun proxecto particular.

 

Profesor
Eutropio Rodríguez

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Graduado en Fotografía Documental polo International Center of Photography de Nova York e Técnico Superior de Fotografía pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo.

Premiado en diversos certames como o Premio Ksado da Deputación de A Coruña ou o Premio Caja España. Ten publicado o seu traballo nos medios The New York Times, Rolling Stone Magazine-New York, Time Magazine, Life Magazine, así como en diversos medios españois. Combina o seu traballo de fotógrafo comercial co desenvolvemento dos seus proxectos persoais, o último dos cales está a punto de culminar na publicación dun libro.

Expuxo nas salas de arte ou fotografía de EFTI-Madrid, Portal de San Pedro-Madrid, West Chelsea Building of Arts NYC, Pazo Torrado Cambados, Macuf, Concello de Ourense-Outono Fotográfico, entre outros. A súa obra está presente en diversas coleccións; Univesidade Rey Juan Carlos, International Center of Photograpy, Concello de Santiago de Compostela, etc.

Profesor nos cursos «B&W, from A to Z» do International Center of Photography, NYC anos 2000-2001, «Lighting in Colour», School for Social Research, NYC ano 1998, así como na escola da axencia fotográfica BlankPaper da que foi socio fundador.

 

Duración e horarios
Un total de 12 horas distribuidas do seguinte xeito:

  • Sábado 30 de maio: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
  • Domingo 31 de maio: de 10:00h a 14:00h

 

Prezo e reservas
Xeral : 60 euros
Alumnos de Aula D : 30 euros
Exalumnos e desempregados : 45 euros

A abonar antes do martes 26 de maio, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, Vigo) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 7330 4002 6857).
Contacta por teléfono no 986 214 076 ou fai a túa reserva a través de cursos@aulad.com

3 comentarios sobre “Curso de fotografía ARGONAUTA

  1. Responder
    Antonia Sánchez - 22 mayo, 2015

    Hola, buenos días:

    Que materiales necesitamos aportar para realizar este curso de fotografía?

    Atentos saludos.
    Antonia Sánchez.

  2. Responder
    aula D - 22 mayo, 2015

    Hola Antonia,

    para este curso sólo es necesario un bloc o libreta para tomar notas y una cámara, que puede ser réflex, compacta o incluso un smartphone.

    Saludos!

    1. Responder
      Antonia Sánchez - 23 mayo, 2015

      Muchas gracias.
      Saludos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba