O curso Argonauta, inspiración en fotografía vai dirixido a profesionais e afeccionados que desexen profundizar no desenvolvemento dunha metodoloxía de traballo propia así como na obtención de diferentes estratexias e recursos cos que afrontar tanto encargos comerciais como proxectos persoais.

A motivación, o estímulo ou a inspiración, ainda que non se constitúen como materiais tanxibles no momento de obter e construir a imaxe fotográfica son, sen xénero de dúbidas, os elementos que marcan a diferencia entre un traballo excelente e outro simplemente correcto, máis aló da técnica.

Deste xeito o proxecto educativo Argonauta pretende motivar, estimular e inspirar aos fotógrafos asistentes para desenvolver un proxecto fotográfico propio a través de catro elementos:

1 – Revisión de traballos fotográficos excepcionais.

2 – Proposta fotográfica no primeiro momento para desenvolver na primeira xornada do taller.

3 – Revisión e discusión especializada sobre os traballos feitos nesa primeira xornada.

4 – Encargo posterior dun proxecto particular.

 

Profesor
Eutropio Rodríguez

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Graduado en Fotografía Documental polo International Center of Photography de Nova York e Técnico Superior de Fotografía pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo.

Premiado en diversos certames como o Premio Ksado da Deputación de A Coruña ou o Premio Caja España. Ten publicado o seu traballo nos medios The New York Times, Rolling Stone Magazine-New York, Time Magazine, Life Magazine, así como en diversos medios españois. Combina o seu traballo de fotógrafo comercial co desenvolvemento dos seus proxectos persoais, o último dos cales está a punto de culminar na publicación dun libro.

Expuxo nas salas de arte ou fotografía de EFTI-Madrid, Portal de San Pedro-Madrid, West Chelsea Building of Arts NYC, Pazo Torrado Cambados, Macuf, Concello de Ourense-Outono Fotográfico, entre outros. A súa obra está presente en diversas coleccións; Univesidade Rey Juan Carlos, International Center of Photograpy, Concello de Santiago de Compostela, etc.

Profesor nos cursos «B&W, from A to Z» do International Center of Photography, NYC anos 2000-2001, «Lighting in Colour», School for Social Research, NYC ano 1998, así como na escola da axencia fotográfica BlankPaper da que foi socio fundador.

 

Duración e horarios
Un total de 12 horas distribuidas do seguinte xeito:

  • Sábado 28 de xuño: de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h
  • Domingo 29 de xuño: de 10:00 h a 14:00 h

 

Prezo e reservas
Xeral : 60 euros
Alumnos de Aula D : 30 euros
Exalumnos e desempregados : 45 euros

A abonar antes do xoves 26 de xuño, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, Vigo) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 7330 4002 6857).
Contacta ou fai a túa reserva en cursos@aulad.com

Descarga aquí o cartel do curso en formato .pdf

 

 

 

No related content found.

Etiquetado en:
 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.