Ábrese o prazo de matrícula para o 1º Curso de Ilustración e Banda Deseñada, que terá lugar entre os meses de xaneiro e marzo de 2014 en Aula D.

Este curso ten como finalidade introducir ao alumnado nos coñecementos teórico-prácticos da ilustración e da banda deseñada.

Tanto a banda deseñada como o libro ilustrado, veñen experimentando unha importante presencia no ámbito editorial grazas aos novos autores que, nos últimos tempos, están a publicar os seus traballos, incluso máis alá das nosas fronteiras.

Asimesmo, estas disciplinas están presentes a día de hoxe en multitude de medios comerciais, tanto impresos como en soporte dixital tales como libros, publicacións periódicas, catálogos, cd´s, etc

A este curso pode acceder calquera persoa maior de 16 anos que teña interese pola ilustración ou a banda deseñada e que desexe obter coñecementos fundamentáis para o desenvolvemento dunha labor profesional. Do mesmo xeito, é especialmente interesante como complemento formativo para persoas que teñan pensado iniciar estudos afíns no ámbito do deseño, as belas artes, a arquitectura, etc.
O curso ten unha duración total de 60 horas distribuidas en 6 horas semanais durante 10 semanas.

As clases impartiranse os luns e os mércores en horario de tarde, de 18:00 a 21:00, comezando estas o 20 de xaneiro e rematando o 26 de marzo.
Establécese unha porcentaxe mínima de asistencia do 80%.
Unha vez rematado o curso os alumnos recibirán un diploma acreditativo emitido pola escola certificando a súa asistencia ao mesmo.

O profesorado estará formado por profesionais con longa experiencia, tanto na docencia como no ámbito profesional:

  • Almudena Aparicio (ilustradora)
  • Iago Araújo (docente e ilustrador)
  • Alberto García Ariza (docente e ilustrador)
  • Andrea Costas (docente e artista visual)
  • Pedro Román (docente e deseñador)
  • Diego Fernández (docente e deseñador)

Igualmente contaremos coa presenza de diversos profesionais que aportarán a súa experiencia e visión da ilustración e a banda deseñada a través dos seminarios monográficos.
O prezo base do curso é de 300€, sen outros custos adicionais, nin por matrícula, nin por título, nin de calquera outro tipo.
Se tes realizado calquera tipo de formación previa na nosa escola poderás beneficiarte dun desconto do 25% sobre o prezo total do curso
Se es menor de idade ou estás desempregado o desconto sobre o prezo total será do 50% (presentando a tarxeta do INEM).

É posible realizar o pago fraccionado en tres mensualidades.

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes atenderanse estrictamente por orde de chegada ata o 17 de xaneiro. Haberá un prazo para efectuar a formalización da matrícula tralo cal o dereito de matrícula pasaría á seguinte persoa da listaxe.

Ponte en contacto xa mesmo connosco a través do enderezo de email cursos@aulad.com ou ben chámanos ao teléfono 986 214 076 (a partir do 9 de xaneiro) para que poidamos engadirte á listaxe de alumnos do curso. Feito isto facilitarémosche toda a información e datos necesarios para completar o proceso de matriculación.

Descargar folleto informativo (pdf, 5,23 MB)

No related content found.

Etiquetado en:
 

3 Comentarios a: 1º Curso de ilustración e banda deseñada

  1. […] a nivel nacional e realizado numerosos proxectos individuais. Almudena Aparicio impartirá clase no 1º Curso de Ilustración e Banda Deseñada que se levará a cabo en Aula D entre os meses de xaneiro e marzo. #gallery-1 { margin: auto; } […]

  2. ANDRÉS dice:

    ¿Al final haceis este curso o no?
    Me gustaría saber si aún hay plazas disponibles

  3. […] do programa do noso  1º Curso de Ilustración e Banda Deseñada tivemos o pracer de contar coa presencia de Jacobo Fernández, quen nos ofreceu un amplo percorrido […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.