Aula D, Escola de Deseño convoca a súa 1ª bolsa de estudos en deseño.
Se che gusta o deseño, a publicidade, a fotografía, o interiorismo, e sobre todo a creatividade…
…tes a oportunidade de obter unha bolsa de estudos para formarte connosco o vindeiro curso, nun dos ciclos oficiais de Grao Superior que impartimos:
– deseño gráfico
– deseño de interiores
_____________________________________
Concederanse dúas bolsas de estudos consistentes na realización do primeiro curso dun dos ciclos oficiais impartidos no centro: deseño gráfico (Técnico Superior en Gráfica Publicitaria) e deseño de interiores (Técnico Superior en Proxectos e Dirección de Obras de Decoración), valorados cada un deles en máis de 3500€.

Para optar á bolsa de estudos só tes que enviarnos unha imaxe que esté relacionada (no seu concepto ou na súa formalización) cos ámbitos do deseño gráfico ou do deseño de interiores; que sexa diferente, positiva, e sobre todo creativa; e que integre algún elemento representativo da escola (as cores, o logotipo, o espazo, etc.).
Podes debuxar, usar obxectos, collage, fotografía, fotomontaxes, instalacións, etc.
Tes o noso logo e as nosas cores en www.aulad.com/coresLogo.jpg, por si os precisas.

Canto máis interesante e creativa sexa a túa proposta más posibilidades terás.

As tres imaxes que reciban máis votos pasarán automáticamente á final; das restantes o xurado preseleccionará outras tres, que completarán un total de seis finalistas.

O prazo límite para envío de propostas e votacións é o 5 de xullo.

Se participas é conveniente que nos chames antes do 15 de xuño para que poidamos informarte sobre datas e cuestións administrativas relativas á matriculación (xa que neste intre a Xunta de Galicia aínda non as fixo públicas).

Antes de participar consulta as bases completas do concurso no seguinte enlace: www.aulad.com/bases.pdf
Se tes calquera dúbida envíanos unha mensaxe ou un correo electrónico e tentaremos resolvela canto antes.

¿Cómo participar?
1.- Para poder participar primeiro deberás premer no botón “me gusta” da nosa páxina en facebook.
2.- Entra na sección “Concurso” da páxina
3.- Preme en “participar”,
4.- Acepta as condicións de uso da aplicación (os teus datos persoáis en facebook non se usarán para outros fins).
5.- Completa o formulario cos teus datos e inclúe a imaxe coa que participarás.
6.- Compárteo no teu muro e pide aos teus amigos que te voten.

Se non desexas participar tamén tes a opción de compartir esta convocatoria entre aquelas persoas ás que creas que lle pode interesar ou beneficiar esta bolsa de estudos.

Etiquetado en:
 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.