Escola de cociña, por Mª Teresa Garrido

 O proxecto débese enfocar como un compromiso coa sociedade tanto a nivel pedagóxico como de coñecementos culinarios que permiten ao cidadán gozar dende o ámbito plenamente sensorial. Por iso débese incentivar a participación do público na actividade da escola.

 A  edificación na que está incluida é de uso residencial, de oito plantas con respecto á avenida das Camelias e tres máis por debaixo, situándose a escola nas dúas primeiras, con acceso dende a rúa Orense a través dunha praza de uso privado.

 A praza proxéctase como elemento conector, entre ámbalas rúas, o que supón un motor que acciona o movemento, clave para eliminar as barreiras actuais. Dende o exterior ofrécenos unha visión en altura dunha pérgola e un bosque de farois que rebaixan a percepción dos edificios no eixe este – oeste, potenciando a visual norte – sur.

A fachada da escola componse mediante vidros transparentes, translúcidos e opacos que fan que a visión e a intuición do interior fágase presente na comunidade e xera un diálogo entre o exterior e o interior a través do uso de grandes ventanais que permiten o ingreso de luz natural.

 A concepción do local, parte da diferenciación de actividades e a súa relación:

.           Espazo Docente.

.           Espazo Administrativo.

.           Espazo Sociocultural.

 Os accesos ao restaurante e a cafetaría fanse dende o exterior, favorecendo así a integración como espazos públicos de lecer.

 Aos espazos docente e de administración accédese dende un adro,  a través dun cerramento transparente, para chegar ao espazo común que se erixe como punto de distribución principal do local. Neste espazo, podemos ver á esquerda a cafetaría, que conta tamén  cun acceso dende o interior a través dun cerramento realizado en vidro.

 Na zona central deste espazo común encóntranse a bancada, que se conciben como zona de lecer para o alumnado e tamén como auditorio no caso de que señan precisas. Nesta bancada intégrase a escaleira de acceso á planta superior, que se envorca sobre o oco central, xerando un patio, circundado por corredores de circulación, e outra zona de lecer para o alumnado.

Na planta baixa,á dereita está o corredor que nos leva ás aulas teóricas e á zona administrativa, e na superior o obradoiro de cociña á dereita e á esquerda o de pastelaría, ámbolos posúen cerramentos de vidro e en cada un deles existe un lucernario que deixa pasar a luz tanto aos devanditos espazos coma ao espazo común. Na parte que da á fachada encóntrase a biblioteca, que dispón tamén dun cerramento de vidro, deixando así pasar a luz que incide en todo o espazo.

 En resumo, o espazo é concibido como un lugar que non perde a súa esencia en canto ao lugar onde se encontra, que se achega á poboación por medio do seu desenvolvemento e que transmite tanto novos coñecementos como mantén os valores de todo o que o rodea.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba