Nesta 9º edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato presentáronse 815 fotografías cun total de 350 participantes. Ao acto de entrega de premios, levado a cabo no Instituto de Monelos, na Coruña, asistiu o rector da Universidade da Coruña, Xose Luis Armesto, e o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro.

Dende aulaD queremos dar os nosos parabéns á organización do concurso polo seu esforzo en pór en valor, promover e difundir ás novas promesas da creación fotográfica galega.

Tamén felicitamos a cinco dos nosos alumnos que resultaron galardonados na presente edición: Daniel Chapela, Mari Carmen Martínez, Andrés Aguiar e Uxía Benlloch, premiados con cadanseu accésit e, de xeito moi especial, a Sandra González Villanueva, que obtivo o 1º premio co seu traballo Simbiosis, sendo así o segundo ano consecutivo que unha das nosas alumnas acada este recoñecemento.

Etiquetado en:
 

2 Comentarios a: Cinco alumnos de aula D premiados no Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

  1. […] queremos lembrar o traballo Simbiosis, realizado pola nosa alumna Sandra González Villanueva, e gañadora da anterior edición, esperando que sirva de estímulo para que este ano poidamos ver un bo número propostas igual de […]

  2. […] Do mesmo xeito, queremos felicitar moi especialmente ós nosos alumnos Nerea Paños Boente e Diego Orge Vázquez que resultaron galardonados con cadanseu accésit na presente edición por dous excelentes traballos, así como aos finalistas Antía Méndez Conde-Pumpido, Fátima Comedeiro Darrosa, Ismael Estévez Carneiro e Ana Belén Pérez Castro, seguindo así todos eles a traxectoria de anos anteriores nos que outros alumnos desta escola obtiveron recoñecemento nestes premios (2013, 2012). […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.