11 lámparas vestidas

pasado venres inauguramos a exposición 11 lámparas vestidas, un proxecto levado a cabo por Xan Centrón, Miguel Vázquez, Sara Veiga e Nerea Villar, promotores de The Nude Design.

O concepto Nude xira en torno á idea de deseñar mobiliario e obxectos que poidan ser facilmente personalizables polos usuarios, nunha confluencia entre deseño industrial e deseño gráfico. A súa primeira creación é a lámpada Miss Mixx:

Cando alguén entra na tenda www.the-nude-design.com pode partir dunha lámpada «desnuda» ou dalguna das coleccións para «vestila»; combinando cor, texturas e ilustracións pódense conseguir máis de 700 combinacións.

Ademáis da propia inauguración, pola mañá ofrecéronnos unha interesante charla na que explicaron detalladamente tanto o proceso de deseño de Miss Mixx como cuestións referidas ao proxecto empresarial, a imaxe corporativa ou o deseño e desenvolvemento da páxina web.

Próximamente teremos novas deste grupo de emprendedores, ex-alumnos da escola,  que adiantaron a súa intención de lanzar un proxecto colaborativo dentro do concepto Nude.

Ver a galería completa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba