O pasado sábado 9 de febreiro tivo lugar en Santiago de Compostela o foro Propostas de avance para o deseño, promovido pola Asociación Galega de Deseñadores. O foro constituiuse en seis mesas temáticas:

1. A web como medio no contexto da edición
2. Educación e formación en deseño en Galicia
3. A produción do deseño galego
4. A comunicación do deseño galego
5. Historia do deseño galego e a identidade tipográfica
6. O tratamento do deseño por parte das administracións públicas

Dende a escola participamos na mesa de Educación abordando, entre outros, temas referidos á oferta formativa de deseño en Galicia, contidos impartidos nos diferentes niveis formativos, a relación existente entre a educación en deseño e o mundo laboral, así como a necesidade de incentivar a posta en valor do Deseño cara á sociedade, á empresa e ás institucións.

Fíxose tamén unha posta en común por parte de cada mesa das súas conclusións, algo que resultou especialmente enriquecedor e que servíu para pór de manifesto a coincidencia en temas como  a necesidade de visibilizar e promover o Deseño feito en Galicia, o interés por potenciar a investigación, a busca da calidade -tanto en aspectos educativos, técnicos, de difusión, etc-, así como fomentar a relación entre profesionáis, institucións e centros educativos.

Igualmente quedou definido o compromiso de documentar todas estas conclusións, de forma detallada, e publicalas próximamente na web da DAG.

Etiquetado en:
 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.