Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Miguel Cerqueiro

A intervención pretende acondicionar o local para situar nel un espazo de traballo que atenda ao programa de necesidades exposto polo cliente. A premisa fundamental do proxecto reside no propio concepto no que se basea esta nova forma de traballo. O “coworking” nace en Estados Unidos durante a primeira década do século XXI, e supón unha nova alternativa para xente nova creativos que están buscando traballo, permite compartir oficina e fomenta relacións estables entre profesionáis de diferentes sectores que poden desembocar en relación cliente-proveedor.

Os centros “coworking”, destinados principalmente a profesionáis de internet, deseñadores, programadores, escritores, periodistas, etc., proporcionan, xeralmente, un escritorio individual, acceso a internet e outros servizos. O “coworking” ofrece una solución para o problema do illamento que supón para moitos traballadores independentes a experiencia do traballo na casa.
O concepto do proxecto parte da propia necesidade de expoñer esta nova forma de traballo, e dicir, a idea do proxecto está no propio encargo, a necesidade de xerar comunidade e interacción, un centro de traballo sen xerarquías.

::: ZONIFICACIÓN E ACABADOS :::
O acceso realízase a través da entreplanta do edificio de vivendas situado na rúa Gran Vía, o tratamento da fachada do local é permeable, cunha porta de vidro é un vidro fixo que fan de escaparate do propio espazo de traballo.

O espazo resólvese dunha forma diáfana, sen divisións nin cubículos pechados, colocando como único elemento organizador un moble con forma de prisma rectangular, con circulacións claras e unha distribución racional do espazo preténdese crear un centro de traballo dinámico e novo.

O interior, concebido como un espazo único, consta de dúas zonas principáis, o espazo polivalente e a zona correspondente aos postos de traballo, que xunto co aseo adaptado determinan os usos do local.

O espazo polivalente engloba varias zonas de gran importancia dentro desta tipoloxía de oficina. O acceso é directamente ao espazo polivalente, que comunica coas dúas áreas que o completan, que son o “office” e a zona de reunión, ambas funcionan de maneira conxunta, a zona de reunión tamén pode ser a zona de lecer e viceversa, a única división posible é a que aporta una feble pantalla de proxector. Entendendo o espazo polivalente coma o espazo no que se poden realizar xuntanzas, presentacións, charlas ou simplemente compartir un momento de lecer con compañeiros de traballo, este abarca máis aló do que pode entenderse por unha zona de relax cun sofá e una mesa. Por qué non poder realizar unha reunión de traballo no espazo de lecer, fora dunha sala pechada? Esta é a premisa pola que estas zonas funcionan de maneira conxunta. Ao non existir divisións, somentes o elemento distribuidor do espazo, o moble modular central, a liña entre o espazo polivalente e a zona dos postos de traballo é mínima.

O moble, ademais de elemento organizador, engloba varios servizos necesarios, como tódolos elementos necesarios do “office”, estanterías e os armarios dos comparten o espazo. Preténdese tamén que rache coa monotonía que se podería xerar nun espazo reducido como este, xerando dous espazos comunicados e illados ao mesmo tempo, con diferentes puntos de vista do local sen necesidade de tabiques.
A zona dos postos de traballo está organizada de forma racional, con once postos de traballo distribuidos en mesas de 1,30 x 0,75 m, tódalas mesas son do mesmo tamaño agás unha, de maior dimensión, as mesas son lixeiras e desmontables, polo que esta zona pode ser modificada en función das necesidade que se xeren no futuro. O espazo dos postos de traballo tamén é entendido coma un espazo flexible, dende o punto de vista de que este tamén pode ser o espazo de reunión, ou tamén pode ser o espazo para realizar algún evento. O concepto de espazo compartido, reflectido na organización do local, pretende que tódalas actividades poidan ser realizadas en ámbalas dúas zonas.

A terraza existente no estado actual é integrada no espazo de traballo e destinada a librería, cada “coworker” ten unha especialidade, e a libraría é reflexo desa multicultura.
Outros servizos necesarios como o arquivo, almacén e roupeiro están integrados nun moble que a súa vez divide o espazo principal do aseo adaptado.

O local resólvese con poucos materiáis, a moblaxe, as portas, mesas, etc están realizadas en DM vernizado, mantendo a cor propia do material. O pavimento realízase con panéis de madeira-cemento en todo o local, este vernízase para unha maior resistencia e durabilidade tanto no espazo principal como no aseo. O tratamento das paredes modifícase, regularizase a zona dos postos de traballo mediante dun trasdousado de panéis de cartón xeso, nos ocos destinados ao apoio de material de traballo utízanse como trasdousado panéis de DM para unha maior durabilidade e resistencia aos golpes. O moble central é modular, fabricado tamén en DM, polo exterior está lacado en azul oscuro, este contraste marca o espazo do local, ao igual que unha parte do trasdousado do paramento da zona dos postos de traballo, xerando contraste coa continuidade do resto do espazo. O paramento do espazo polivalente – zona de relax está realizado con pintura de borrado en seco, este é un paramento interactivo no que poder escribir, mostrar ideas, etc. A liña cromática é o gris do pavimento, o branco grisáceo, o azul oscuro e a propia cor do DM. Búscase así manter unha homoxeneidade en todo o local, un espazo sereno e distendido.

O falso teito é un trasdousado contínuo de cartón xeso, mentres que a iluminación é fluorescente na zona dos postos de traballo e máis indirecta no espazo polivalente. O sistema de luminarias resólvese en varios raís situados sobre das mesas diagonalmente, con posibilidade de modificar a súa posición. Tamén existe luz indirecta nos ocos da parade da zona de traballo e o acceso dende as mesas aos puntos de electricidade realizase a través de ocos que conectan coas caixas estancas situadas no pavimento baixo as mesas.
Preténdese unha continuidade nos aspectos estético ambientáis do espazo, unha liña cromática homoxénea e unha limpeza compositiva na moblaxe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba