Land Art por Roi López van der Veen
O Land Art é unha corrente artística xurdida na década dos anos setenta do século XX. Ten como fin trasladar o traballo artístico aos espazos naturais, os cales son transformados polo pensamento e a acción do artista. As súas creacións usan a paisaxe como soporte (escenario) ou materia prima da obra. A súa finalidade é producir emocións plásticas no espectador que se enfronta a unha paisaxe determinada. O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións ao observador.
:::Desenvolvemento do traballo:::
Parto sen unha idea en concreto máis que a de utilizar unicamente elementos naturais propios da zona ou escenario elixido.
Dous dos elementos visuais máis potentes que se encontran no monte son as rochas e arbóres, e decido que estes dous elementos serán os que compoñan o meu Land art.
Encontrei unha rocha con características que me parecían interesantes para o traballo.
Ao ver a rocha o primeiro que me imaxinei eran ramas saíndo desas gretas e fendas, polo que entraba en xogo un terceiro elemento, a erosión, causada pola auga e o vento.
As ramas arranqueinas duns arbores secos das inmediacións.
O resultado é unha combinación dun elemento que forma parte dunha árbore, con outro elemento inerte; o que en termos literarios denomínase oxímoro que consiste en usar dous conceptos de significado oposto nunha soa expresión, que xera un terceiro concepto.

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

Etiquetado en:
 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.