Land Art : proposta de intervención no medio rural por Miguel Cerqueiro Díaz

http://www.flickr.com/photos/adblog/7555032114/in/photostream

1. TRABALLO A REALIZAR
O exercicio proposto consiste en realizar unha intervención nun ámbito natural utilizando o marco e os seus propios materiais.
2. LAND ART
O Land art é unha tendencia da arte contemporánea que utiliza o medio e os seus elementos (madeira, terra, pedras, area, rochas, lume, auga, etc.). Esta expresión inglesa traduciuse tamén como «arte da construción da paisaxe» ou «arte terrestre». Xeralmente, as obras atópanse no exterior, expostas ós elementos, e sometidas á erosión natural; así pois, algunhas desapareceron, quedando delas só o recordo fotográfico. As primeiras obras realizáronse nas paisaxes desérticas do Oeste estadounidese a finais dos anos sesenta. As obras máis impoñentes, realizadas con equipamentos de construción como escavadoras, se chaman earthworks, (palabra que pode traducirse como escavacións, aterramentos ou desmontes). A súa finalidade é producir emocións plásticas no espectador que se enfronta a unha paisaxe determinada. O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións ó observador. Preténdese reflectir a relación entre o home e a terra, o medio e o mundo, expresando ó mesmo tempo a dor, debido ó deterioro ambiental do clima que existe hoxe en día. O principal é a interacción do humano-­artista co medio.
3. FASE DE ANÁLISE
Unha das grandes referencias durante a fase de análise para concretar o proxecto foi o análise da obra de Andy Goldsworthy, artista que traballa coa levidade, nas súas pezas vemos o movemento e cambios que vai mostrando co paso do tempo, el mira todas as súas creacións como temporais, a súa materia son obxectos comúns na natureza, pero en realidade no trasfondo traballa co vento, a luz, o tempo, onde máis que buscar a perfección do obxeto, nos mostra a enerxía e vida que teñen cada un deles. A visualización do documental Ríos e Mareas, no cal, vemos o artista traballando co efémero, en condicións duras e de grande introspección, foi dun grande impacto persoal. O artista mimetizase co natural, entra en diálogo co medio e o seu trato é dunha gran delicadeza e respecto. Móstranos o fráxil do ámbito, pero tamén incide no inmenso poder da natureza e faceta cambiante, o medio flúe e os seus seres modélano.
4. ANÁLISE DO ÁMBITO
Fase consistente no análise do ámbito natural e de posibles elementos a utilizar.
5. INTENCIÓNS. AS FORMAS XEOMÉTRICAS.
Xeometría vén do grego xeo = terra e de metrón = medida. É dicir, é a ciencias que estuda a medida da Terra. En definitiva, a exploración do mundo exterior. A xeometría sempre estivo presente no arte, aínda que non foi ata o século XX cando se teorizou máis a fondo sobre o seu uso. Nas primeiras décadas estivo intimamente ligada ós conceptos de abstracción e modernidade. Mediante a utilización de elementos naturais, xero unha serie de figuras xeométricas, as súas formas, e o lugar onde son colocadas xogan tamén co absurdo, pomelos en piñeiros, un río de pomelos, pomelos en erupción saíndo dunha rocha, piñas con bifurcacións simulando un río ou piramides de piñas amontoadas

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba