8ª Edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato

http://www.flickr.com/photos/adblog/7141512667/in/photostream

O Mércores día 2 de Maio, a Asociación de Antigos Alumnos do I.E.S. MONELOS da Coruña, fixo entrega dos premios do 8º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, na que se presentaron ao redor de 500 fotografías de 192 alumnos de diferentes centros de estudo galegos.
Nesta oitava edición, o xurado, formado por Xose Díaz, Tino Fraga,Pablo Mella, Antón Orosa, Blas Rodriguez e o propio Xurxo Lobato, concedeu 3 premios, 13 accésits e unha mención especial cara á nosa escola, Aula D, por seres o centro onde estuda (2º ano do Ciclo Superior de  Gráfica Publicitaria) a gañadora deste certame: Sandra Tomé Argibay.
O segundo e terceiro premio foron para Patricia Teijeiro Martínez do I.E.S. Saturnino Montojo (Ferrol) e Marta Cons Jordano de la Escola de Imaxen e Son Marcote (Vigo).
No acto de entrega, tamén estiveron presentes Ana Fernández (Concelleira de Cultura de Coruña), María Faraldo (Vicepresidente da Deputacion da Coruña), Xose M. Pereiro (Decano do Colexio de Xornalistas) e o gaiteiro Pepe Temprano, que interpretou algunhas pezas de música popular galegas. A exposición, que será itinerante, atoparase no I.E.S. Monelos ata o 18 de Maio. Contamos que pase por Aula D para o mes de outubro.

Aquí deixámosvos algunhas das fotos do acto:

http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629598037378/

1 comentario sobre “8ª Edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato

  1. Responder

    […] Do mesmo xeito, queremos felicitar moi especialmente ós nosos alumnos Nerea Paños Boente e Diego Orge Vázquez que resultaron galardonados con cadanseu accésit na presente edición por dous excelentes traballos, así como aos finalistas Antía Méndez Conde-Pumpido, Fátima Comedeiro Darrosa, Ismael Estévez Carneiro e Ana Belén Pérez Castro, seguindo así todos eles a traxectoria de anos anteriores nos que outros alumnos desta escola obtiveron recoñecemento nestes premios (2013, 2012). […]

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba